El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

RADIO OBRADOIRO, 102.1 FM

"Todo emprendedor tecnolóxico soña con poder ir a Silicon Valley"

Adrián Canedo presentará nos EE.UU o seu proxecto Situm, creado en Santiago cos seu socio Víctor Álvarez // Ambos emprendedores desenvolveron unha tecnoloxía que permite coñecer a posición de calquera teléfono dentro de edificios onde o GPS non funciona

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Adrián Canedo, co-creador de Situm

SANTIAGO. RO  | 05.11.2014 
A- A+

Un emprendedor de Santiago vai poder viaxar a Silicon Valley, nos EE.UU, grazas ao programa Yuzz, un viveiro tecnolóxico de grandes ideas que distinguiu o proxecto Situm, un localizador de smartphones creado por Víctor Álvarez e Adrián Canedo. Estes dous emprendedores coincidiron en Santiago mentes cursaban un máster na USC e xuntos decidiron desenvolver unha tecnoloxía que permite coñecer a posición de calquera teléfono dentro de calquera edificio onde o GPS non funciona. Isto, según explicou Adrián Canedo en Radio Obradoiro, "permite guiar a persoas en centros comerciais, axudar a persoas con discapacidade visual ou a xestores comerciais, para saber por onde se moven os seus clientes e elaborar estudos de mercado". Canedo explicou que a posiblidade que lles brinda o programa Yuzz é moi importante. "Todo emprendedor do noso ámbito soña con poder ir a Silicon Valley", a "meca" das multinacionais tecnolóxicas máis importantes do mundo. Segundo Canedo, "é unha oportunidade única de presentar o noso proxecto a empresas importantes" e "tentaremos que, cando marchemos de alí, algunha persoa xa nos poña no mapa". 

Síguenos en twitter e facebook