El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

TVG estrea mañá ‘Os Bolechas one2three’ para aprender inglés

Esta aposta, avalada pola USC, complétase cun curso que estará á venda nas librarías

Secuencia da serie ‘Os Bolechas one2three’ que se estreará mañá.  - FOTO: TVG
Secuencia da serie ‘Os Bolechas one2three’ que se estreará mañá. - FOTO: TVG

LUIS MONTERO. SANTIAGO  | 28.06.2014 
A- A+

A primeira canle da Televisión de Galicia estrea mañá Os Bolechas one2three. Ás 09.15 horas emitirase o primeiro capítulo desta serie, en forma de curso de inglés, que supón unha aposta decidida da canle autonómica e da editorial Bolanda a prol de contidos infantís que unan diversión e interese pedagóxico.

Deste xeito, a nova serie seguirá a liña habitual dos Bolechas, cos personaxes que tan ben coñecen os seus milleiros de seguidores, pero incluirá as leccións de inglés do seu novo profesor, Michael –interpretado por Miguel Guido, inglés nativo, filólogo, profesor, músico e actor–, que tratará de ensinarlles as primeiras nocións para que os irmáns e o público poidan ir familiarizándose co novo idioma dun xeito natural e divertido.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt