El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Un libro colaborativo une 36 voces poéticas galegas en tributo a Lorca e Casal

'6 poemas 6', publicado por Biblos e editado por Suso Díaz e Helena Villar Janeiro, dialoga cos versos galegos do granadino

Suso Díaz, esda., Helena Villar Janeiro e Tucho Calvo, durante a presentación onte de ‘6 poemas 6’
Suso Díaz, esda., Helena Villar Janeiro e Tucho Calvo, durante a presentación onte de ‘6 poemas 6’

FRAN P. LORENZO LUGAR   | 29.12.2015 
A- A+

Ao xeito daqueles cadavre exquis dos surrealistas, onde o talento poético se puña ao servizo da colaboración e do xogo, Suso Díaz e Helena Villar -editores do volume 6 poemas 6, publicado por Biblos- retaron a outros trinta e catro autoras e autores galegos a homenaxearen a figura de Federico García Lorca. O leitmotiv desa conversa a tantas mans e voces foron os Seis poemas galegos do poeta granadino, de cuxa publicación no vello prelo de Ánxel Casal se celebrou o domingo pasado o seu oitenta aniversario.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt