El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Un novo produto biomédico recibe un dos Premios de Transferencia de Tecnoloxía

Unha nova tecnoloxía da USC permite valorizar o sangue dos matadoiros como fariña// Tamén distinguen a innovación desenvolvida en sistemas anticontaminación para motores

UN DOS PREMIADOS Á esquerda, José Manuel Magidee Hiram Varela.  - FOTO: RAGC
UN DOS PREMIADOS Á esquerda, José Manuel Magidee Hiram Varela. - FOTO: RAGC

MARÍA ABASCAL  | 08.11.2017 
A- A+

A redución de emisións contaminantes procedentes dos tubos de escape dos ­vehículos e o ­desenvolvemento de dous novos produtos alimentarios e biomédicos son os temas centrais dos proxectos galardoados nos Premios de Transferencia de ­Tecnoloxía en Galicia, que este ano chegan á súa terceira edición.

O certame, que vén de facer pública a resolución do xurado, está promovido pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia ­Galega de Innovación (GAIN) da Xunta, para recoñecer as mellores prácticas de transferencia de coñecemento procedente dos organismos de investigación ao tecido produtivo. Os galardóns serán entregados nunha cerimonia que ­terá lugar proximamente en Santiago.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt