El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Un ‘thriller’ con Rosalía ao fondo

O segundo libro de Pedro Feijoo, ‘A memoria da choiva’, publicado por Xerais, utiliza como coartada argumental os enigmas rosalianos para tecer un relato no que a memoria é o combustíbel//A novela quere confirmar o éxito e a sorpresa editorial que representou ‘Os fillos do mar’ //

Retrato do escritor Pedro Feijoo na praza de Feixoo, o adro do pub Modus Vivendi, un dos escenarios da novela  - FOTO: Ramón Escuredo
Retrato do escritor Pedro Feijoo na praza de Feixoo, o adro do pub Modus Vivendi, un dos escenarios da novela - FOTO: Ramón Escuredo

FRAN P. LORENZO  | 16.11.2013 
A- A+

É un título con trampa, ben máis intencionado do que agoira. Pero iso saberano as lectoras e os lectores d’A memoria da choiva (Xerais, 2013) unha vez que dean conta das cincocentas páxinas da segunda novela de Pedro Feijóo (Vigo, 1975), un fito da rentrée literaria galega de 2013. Desta volta Santiago –cidade na que o autor estudou e vivíu– substitúe, en grande medida, a Vigo, a localización do seu primeiro e exitoso libro Os fillos do mar –xa na quinta edición– que non só pescou un público inédito para as letras galegas senón que deu tecido ao redor daquela historia, un singular e extenso fenómeno de autorrecoñecemento cidadán, nesa urbe atlántica, que ignora decote o seu pasado pero que, paradoxalmente, devece por coñecelo.

"Cando escribín Os fillos do mar tiña claro que quería localizalo en espazos recoñecíbeis de Vigo, pero aquí non me apetecía repetir a fórmula no mesmo lugar", asegura o autor, quen lle devolve á capital galega, –despois daquel lonxano e fundacional Crime en Compostela de Reigosa e de todas as novelas negras que viñeron despois– a súa proverbial fasquía de pedra en calma que oculta demasiadas cousas. Desta volta, é Xosé Carneiro –un coñecido psicanalista e polémico colaborador televisivo– o que aparece brutalmente asasinado, co peito aberto no seu piso da rúa República do Salvador.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt









Galiofer es un portal de ofertas y descuentos en Galicia. Las mejores ofertas en Salud y Belleza, Hogar, Regalos, Restaurantes, Escapadas...