El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Unha nova entrega de Elmer en Kalandraka

MARTA NEIRA. USC/CRPIH  | 01.12.2019 
A- A+

Os responsables do tecido editorial de Kalandraka Editora, conscientes do valor que teñen os heroes, grandes heroes, mitos... na formación integral das persoas, volven a agasallar ao lectorado, no sentido máis amplo do termo, con novas aventuras do mítico elefantiño de cores. Agora no álbum Elmer e o osiño perdido, de David Mckee (Reino Unido, 1935), traducido ao galego por X. Manuel González, o elefantiño protagonista dirixe unha cadea solidaria para que o bebé elefante se poña contento e recupere a súa mascota, o seu xoguete preferido, con todo o que conleva este obxecto.

A tenrura, o respecto, a consideración do outro, a solidariedade.... enchen a narrativa textual e visual desta nova entrega da serie clásica, protagonizada, desde hai máis de trinta anos, polo elefantiño de retallos enchidos de cores. Trátase dun conxunto de libros infantís cos que axudar a planificar a educación literaria.

marta.neira@usc.es