El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Vía Láctea Filmes comeza coa rodaxe da cinta 'María Solinha' na ría de Vigo

Jacobo Sutil, na súa intervención na presentación da rodaxe do filme María Solinha
Jacobo Sutil, na súa intervención na presentación da rodaxe do filme María Solinha

REDACCIÓN   | 14.08.2019 
A- A+

RESPALDO DA AGADIC A produtora Vía Láctea Filmes presentou onte o inicio da rodaxe da súa próxima película, María Solinha, que se desenvolverá do 19 de agosto ao 20 de setembro en diferentes localizacións de Redondela, Cangas e a Illa de Toralla co apoio económico da Xunta, entre outras achegas.

En concreto, o novo filme do realizador Ignacio Vilar é o adxudicatario de 195.171 euros na última convocatoria de subvencións a producións e coproducións audiovisuais, que a Consellería de Cultura xestiona anualmente a través da Axencia Galega das Industrias Culturais.

Na presentación onte na lonxa do porto de Cesantes, en Redondela, o director da Agadic, Jacobo Sutil, detallou que este é un dos 17 títulos que recibirán axuda como resultado da convocatoria de 2019, dotada con dous millóns de euros para impulsar a realización de novas producións e coproducións de contido cultural galego para cinema e televisión.

Engadiu, ademais, que este investimento suporá mobilizar 5,3 millóns de euros no sector audiovisual como resultado da suma dos orzamentos de todos os proxectos subvencionados.