El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Víctor Manuel, convidado no espazo de música e entretemento ‘Bamboleo’

Cantautor asturiano de moita sona, vai falar na TVG das súas novas cancións

REDACCIÓN SANTIAGO  | 12.01.2019 
A- A+

O espazo de música e entretemento Bamboleo convida esta noite a subir ao seu escenario o cantautor asturiano Víctor Manuel, que, despois de dez anos, regresa cun álbum de cancións inéditas, Casi nada está en su sitio, co que reflexiona sobre a velocidade coa que se moven os acontecementos na actualidade.

O programa da TVG presentado por Lucía Regueiro tamén recibirá a visita da orquestra Principal e da cantante galega Lucía Pérez, que celebra 15 anos no mundo da música cun novo disco. Tras o éxito de Quitapenas, chega o seu sétimo álbum, titulado Quince soles, gravado integramente en galego e que contou coas colaboracións de Vizcaíno, Chenoa, Rosa Cedrón, T­o­nhito de Poi e Sito Sedes. No escenario tamén estarán Laura, interpretando Jardim com tempo e Malejo, co tema ¿Y como es el?, en versión de Marc Anthony, para competir ambos os dous na sección chamada Agora ou Nunca.