El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

A vida de Romasanta, aposta audiovisual do proxecto 'Luarada'

Desde a Deputación de Ourense apoian este traballo cinematográfico de Óscar Doviso

CULTURA Terceiro pola esquerda, Manuel Baltar, entre outros convidados.  - FOTO: D.O
CULTURA Terceiro pola esquerda, Manuel Baltar, entre outros convidados. - FOTO: D.O

LUIS PLANAS SANTIAGO   | 18.01.2020 
A- A+

Achegarse á figura do coñecido Lobisome, Manuel Blanco Romasanta, coa máxima fildelidade e logo dunha fonda tarefa de investigación histórica, etnográfica e psicolóxica, é o obxectivo do proxecto audiovisual Luarada, unha longametraxe dirixida por Óscar Doviso e coproducida polo realizador e por José Frieira, e interpretada por Marcos Vázquez, que onte se presentou na Deputación de Ourense.

A película narra a historia do maior asasino en serie documentada en España, acontecida na Galicia rural de mediados do século XIX.

A institución provincial apoia este proxecto "desde o minuto un", destacou o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, no acto de presentación, salientando que esta historia trata sobre "a personaxe máis senlleira da provincia de Ourense", "un traballo cinematográfico -dixo- que permitirá revisar, investigar e superar o que ata o de agora se ten feito sobre o máis grande criminal que coñeceron os tempos". Baltar salientou que se trata dunha produción da altura sobre unha personaxe real, que marca un antes e un despois no ámbito do crime, confirmando o apoio da Deputación para este proxecto e subliñando que, neste eido, o goberno provincial "inicio hai dous anos unha andina co OUFF e cara a potenciar a provincia de Ourense como gran plató de cinema".

Na primeira quincena de marzo comezará no municipio de Esgos a rodaxe da primeira parte desta longametraxe, que se presentará na vindeira edición do Ourense Film Festival (OUFF). Neste sentido, Oscar Doviso agradeceu a cooperación por parte da Deputación de Ourense e explicou que levan traballando dous anos no proxecto.