El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

'Viñerón 2.0': un paseo polos caldos de vangarda e a cara 'indie' do viño

Pepe Vieira acolle o sábado que vén un foro de 25 viticultores que apostan pola creatividade e artesanía//Entregaranse os premios do II Ránking Independente de Viños de menos de 10 €

FRAN P. LORENZO SANTIAGO   | 19.11.2011 
A- A+

Hai aínda lugares nos que, por sorte, o mercado, os mercados, aínda non mandan nin determinan a vida das persoas: o que escoitan, len, consumen, comen ou beben. Viñerón 2.0 -o encontro de viticultores que se celebrará no Pepe Vieira, en Raxó (Poio), Pontevedra, o vindeiro sábado 26 de novembro-, merece cumpridamente o cualificativo de independente ou indie. Aquí a ditadura do mercado fica atrás para darlle paso á innovación, á criatividade, ao risco e ao compromiso coa arte. "O cine ten o seu Sundance, a música o seu Benicassim e, a partir de hoxe... o viño indie ten o seu festival", sinalan os organizadores deste encontro, que reunirá no restaurante que comanda o sumiller Xoán Cannas unha significativa mostra da vangarda creativa europea no eido do viño.

(Más información en el periódico El Correo Gallego)