Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Editorial Teófilo publica a segunda edición das ‘Herbaxeiras do Caurel’

botánica. Tras o éxito obtido coa publicación de María das Herbas e as herbaxeiras do Caurel, de María Moure de Oteyza, unha segunda edición xa está nas librarías de toda Galicia da man da editorial compostelá Teófilo.

O libro fala dende a propia experiencia da autora, das súas vivencias durante otempo que se instalou no Caurel, e transmite ao lector os coñecementos que adquiriu mentres escoitaba con atención á veciñanza do lugar. Grazas ao coñecemento que os habitantes da serra lucense teñen da riqueza das plantas medicinais, María Moure foi capaz de plasmar na súa obra os ensinos acadados, algo que dende logo percibiu o público e que queda máis que demostrado no exitoso resultado da primerira edición do libro, que derivou na publicación dunha segunda, da cal se espera acadar uns resultados igual de bos.

O que comezou como unha investigación para a súa tese, chega ás mans daqueles que desexen adentrarse de cheo na cultura popular aportada polos 350 entrevistados. A autora era consciente de que toda a información que estaba conseguindo durante o transcurso do seu traballo de campo debía porse a disposición da xente e que todos se convertesen en testemuñas da riqueza botánica de Galicia. ECG

19 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.