Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Eixo Atlántico edita a gran guía termal de Galicia e Portugal

EL CORREO entrega este sábado de forma gratuita un exemplar xunto a cada xornal

O Eixo Atlántico publica este sábado a mellor guía termal de Galicia e Portugal de forma que une, baixo esta publicación, a posta en valor do territorio e a mellor oferta turística de dous países nun único destino, as cidades do Foro Termal do Eixo Atlántico.

A Guía Termal do Eixo Atlántico ten como obxectivo poñer ás cidades termais do Eixo no mapa turístico internacional con especial atención no mercado de proximidade, que está representado polos máis de seis millóns de persoas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Esta publicación entregarase o sábado de forma gratuíta coa edición de EL CORREO dese día, tanto aos subcritores como adquirindo o xornal no quiosco.

As cidades galegas e lusas contan cun patrimonio natural e cultural único grazas aos seus múltiples recursos endóxenos. Ente eles destacan, tanto pola súa abundancia e calidade como singularidade, as augas termais, que constitúen unha vantaxe diferenciadora e competitiva respecto a outros destinos diferentes tanto nacionais como de carácter internacional.

Esta riqueza mineromedicinal permite a constitución dun elevado número de establecementos termais. Constitúe ademais, un referente nun sector cuxa actividade foi clave para o desenvolvemento social, económico e medio ambiental das cidades termais do Eixo. Esta é unha industria que lanzou ao mercado produtos turísticos de gran atractivo para a articulación da oferta turística, tendo ademais como obxectivo a captación de máis segmentos do seu público.

Nesta liña, e ante o cambio de perfil do turista e as súas novas necesidades, o presidente do Foro Termal do Eixo Atlántico animou aos operadores turísticos a seguir apostando pola creación de produtos conxuntos capaces de atraer a atención deste novo turismo. Deste xeito, dálle aos usuarios a oportunidade de vivir unha experiencia transfronteiriza de percorrer o patrimonio termal ao longo da Ruta Termal e da Auga Galicia-Norte de Portugal. Ademais, ao finalizar o percorrido o visitante ten a ocasión de converterse en embaixador das augas termais.

Neste senso, no documento aparece unha descrición de cada cidade termal que conforma o patrimonio cultural e natural do Eixo. Nesta ruta atopamos cidades como Caldas de Reis, Carballo, varias termas imprescindibles da Deputación de Lugo e a cidade, O Carballiño, Ourense, Santa María da Feira, Terras de Bouro, Vizela ou Guimaraes. En cada unha destas localizacións, apórtase información dos aloxamentos recomendados, a composición das augas termais de cada balneario, así como outros datos relacionados coa composición da auga, as súas indicacións terapéuticas, ademais doutros servizos que se ofrecen como as técnicas termais ou os tratamentos complementarios ou de benestar.

Ademáis, tamén se incluén outros datos de interese turístico como poden ser as tarifas de cada balneario incluído no percorrido, así como horarios, composición interna en relación ao número de habitacións e estancias de cada aloxamento, horarios de apertura e uso, entre outros. Para facilitar o acceso a toda a información tamén se poñe a siposición do visitante un código QR con todos os datos de interese para que a viaxe da man desta gran guía sexa unha experincia inolvidable.

Termal
Datos de interese

··· Puntos de interese turístico: Ofrécense localizacións de interese arredor de cada zona termal.

··· Aloxamentos: Pódese acceder a esta información a través dun código QR facilitado no documento.

··· Composición da auga: Ponse a disposición a temperatura, os niveis de PH así como os minerais que predominan nas augas termais de cada balenario.

··· Indicacións terapéuticas e técnicas termais empregadas: Presenta unha listaxe en cada balenario presente na guía do Eixo Atlantico.

18 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.