El Correo Gallego

Tendencias » El Correo 2

Astrud Lindgren volve a ollada a Pippi

BLANCA ANA-ROIG  | 25.11.2018 
A- A+

Tras publicar Pippi Mediaslongas, traducida por David Álvarez e Premio Gala do Libro 2018 de Tradución ao galego, a editorial Kalandraka na súa aposta por recuperar obras clásicas da Literatura Infantil e Xuvenil Universal, que axuden a crear un canon de LIX, saca do prelo na colección "7 Leguas Especiais" a continuación Pippi Mediaslongas embarca, unha nova aventura desta nena rebelde, independente, transgresora e divertida creada pola escritora sueca Astrid Lindgren (1907-2002), Premio Hans Christian Andersen en 1958, que restaura as ilustracións orixinais de Ingrid Vang Nyman (Vejen, 1916-Copenhague, 1956).

A protagonista segue a explorar coa súa imaxinación os límites da realidade e cuestionar o establecido con espontaneidade e humor. Coa visita de seu pai, Efraim Mediaslongas, ten a intención de viaxar ata illa Korakora. De seguro, que rapaces e adultos gozaremos con esta rapaza extravagante!

blanca.roig@usc.es