El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias » El Correo 2

Elos de lectura

Galaxia publica ‘Lobísimo do saco’

CARMEN FERREIRA  | 27.10.2019 
A- A+

Nestes primeiros días de outono co inicio do curso as distintas editoriais aproveitan para sacar do prelo as últimas novidades do ano de Literatura Infantil e Xuvenil. Entre elas, a editorial Galaxia acaba de publicar Lobísimo do saco. Tres titiritadas, do recoñecido escritor cangués Bernardino Graña, ilustrado por Blanca Millán e con epílogo do crítico Ramón Nicolás. Trátase dun volume que acolle tres pezas de teatro infantil: “Sinfarainín contra don Perfeuto”, “Os burros que comen ouro (nunca cabalos serán)” e “Lobísimo do saco”, que se caracterizan por estar protagonizadas por animais e reflexionar con humor sobre temas actuais como o abuso do poder, a tiranía e a perda de liberdade. As dúas primeiras foran publicadas orixinariamente en 1975 e 1992 e recibiran mención honorífica do I Concurso de Teatro Infantil O Facho en 1973 e Premio Abrente 1979,   respectivamente, moi influenciadas pola oralidade e a tradición popular.