El Correo Gallego

Tendencias » El Correo 2

premio moz@s articulistas

A importancia económica e social do Camiño

ALEJANDRO GARCÍA-NOVIO GONZÁLEZ   | 31.03.2019 
A- A+

Santiago de compostela é a meta do Camiño, a nosa cidade constitúe por tanto o fin en si mesmo  desta peregrinación; cando o camiñante se pon en marcha dende calquera punto xeográfico a pé, en bicicleta ou da cabalo, a idea principal que ocupa os seus pensamentos é a chegada a Santiago de Compostela. Dende hai uns anos esta peregrinaxe foi incrementándose paulatinamente en número de participantes ata converterse nunha actividade turística de gran importancia en toda Galicia.

Pero esta afluencia de peregrinos, sumada á dos turistas independentes ao Camiño de Santiago que visitan a nosa cidade, está xerando algunhas consecuencias negativas na zona vella, como é a súa adaptación aos turistas, con medidas como a sustitución dos edificios acomodados para vivenda por outros de ámbito hoteleiro ou comercial, ademais da desaparición de supermercados na zona céntrica, que ata parece que se atopen en perigro de extinción, dificultando así as comodidades dos moradores do casco vello da nosa cidade.

Ao meu modo de ver, estas consecuencias do incremento de visitantes non son desexables,  porque o casco histórico da nosa ciudade é un lugar moi fermoso para vivir e creo que debera estar ocupado maioritariamente polos santiagueses. Eso sí, aínda que debera ser un lugar doado para residir, non implica que debamos prohibir o sector turístico da zona vella nin moitísimo menos, porque esta actividade é unha gran axuda a economía da cidade, ademais de que os turistas aportan un aire de vida as rúas enchéndoas de multiculturidade, e por iso, a mellor solución pasaría por procurar unha convivencia entre os turistas é o seu sector, cos habitantes do noso  casco vello.

Volvendo a importancia social do Camiño De Santiago e retomando algúns argumentos do anterior parágrafo, en especial o que di que o Camiño enche as nosas rúas de xente forasteira e diferente que aporta un soplo de vida á cidade, introducindo ademais novas culturas,
pensamentos e maneiras de facer as cousas, creo que un dos ámbitos onde mellor se percibe esta mestura de culturas é na gastronomía, e así atopamos en Santiago restaurantes de todo tipo, italianos, de comida rápida, de cociña moderna, os que empregan a química, chineses, xaponeses, coreanos…, que conviven cos restaurantes que ofrecen comida típica galega, e aínda que isto poida parecer unha frivolidade o certo é que constitúe un exemplo de como o turismo atrae novas culturas, que poden convivir sin problemas coas nosas tradicións.

O certo é que, dende os seus inicios, o Camiño de Santiago trouxo consigo moitas cousas, a maioría boas pero outras non tanto, e o que debemos procurar é filtrar todo o que ven e quedarnos só con aquilo que poida axudar a construir un equilibrio entre nós e os que nos visitan, e que permita que Santiago continúe sendo a cidade na que queremos vivir.

1º de bachillerato La Salle. Santiago