Miércoles 23.10.2019 Actualizado 20:47
Google    

El Correo Gallego

Tendencias » El Correo 2

O labor pioneiro das mulleres nun volume de Xerais

MARTA NEIRA  | 11.08.2019 
A- A+

Desde o mes de febreiro Pioneiras.Galegas que abriron camiño 2, de Anaír Rodríguez con ilustracións de Abi Castillo, permite coñecer a vida doutras once mulleres galegas que conseguiron vencer barreiras que lles estaban impostas ao seu xénero no tempo en que viviron e que merecen un maior recoñecemento social. A autora achégalle ao lectorado os trazos máis importantes da primeira astrónoma, Antonia Ferrín; da primeira arquitecta, Rita F. Queimadelos; da precursora do hóckey sobre herba Antonia Sanjurjo; da primeira actriz en escenarios americanos, Mercedes Mariño; da creadora do primeiro libro electrónico, Ángela Ruiz Robles; da primeira aeronauta, Elisa Patiño; de Concepción Pérez Iglesias, a primeira alcaldesa; da mestra María Barbeito, pioneira da renovación pedagóxica; de Joaquina García, inventora dun dos primeiros traxes de auga; da primeira licenciada, a farmacéutica Manuela Barreiro Pico, e de María Cardarelly, a primeira fotógrafa con estudio propio.

marta.neira@usc.es