El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias » El Correo 2

Elos de lectura

Makakiños achega a LIX á nenez autista

MARTA NEIRA  | 27.10.2019 
A- A+

É unha grata noticia que Kalandraka Editora aposte cunha iniciativa pioneira pola divulgación da Literatura Infantil e Xuvenil a lectorado de calquera condición, grazas aos dous primeiros volumes da colección “Makakiños” en galego, que tenta achegar o goce lector á infancia con trastorno de espectro autista, facéndolles comprensible o mundo da fantasía.

Coa adaptación do texto á linguaxe de pictogramas SPC, baseado en figuras e cores, realizada pola Asociación para el Tratamiento del Autismo Bata, ofrece dous álbums: A verdadeira historia de Carapuchiña Vermella, unha versión do conto clásico realizada polo escritor Antonio Rodríguez Almodóvar e con ilustracións vangardistas imitando o trazo infantil de Mark Taeger. E Nicolás cociña sen lume, de Alicia Suárez, nas que se ofrecen dunha maneira lúdica e divertida fáciles receitas de cociña coas que os máis novos disfrutarán cociñando e saboreando.

marta.neira@usc.es