El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias » El Correo 2

Elos de lectura

Panorámica de clásicos da lix en galego

BLANCA-ANA ROIG  | 27.10.2019 
A- A+

As monografías sobre Literatura Infantil e Xuvenil sempre son ben recibidas, pois axudan a conformar un aparato crítico de carácter investigador fundamental para a conformación de calquera sistema literario. Neste sentido Edicións Xerais de Galicia, unha editorial fundamental nese proceso de consolidación da LIX galega, acaba de publicar Da Carapuchiña ao señor Lamote. Clásicos da literatura para a infancia e a mocidade en lingua galega, do docente e escritor Miguel Vázquez Freire. Trátase dunha serie de artigos publicados entre os anos 2006 e 2018 na Revista Galega de Educación, editada por Nova Escola Galega. Como sinala o autor, na introdución coa que comeza o volume, esta recompilación pretende recordar os clásicos da LIX universal traducidos e adaptados á lingua galega, dando conta das adaptacións cinematográficas e ofrecendo unha bibliografía básica, para poder revisitalos desde a lingua de noso.

blanca.roig@usc.es