El Correo Gallego

Tendencias » El Correo 2

Para saber máis: Dous estudos de Pedro Cerrillo

MARTA NEIRA  | 09.09.2018 
A- A+

No ano 2017 Pedro C. Cerrillo, en solitario publicou La memoria olvidada. Estudios de poesía popular infantil (Bonilla Artigas Editores) e co seu colaborador César Sánchez Ortiz, Cancioneiro popular infantil en educación (Síntesis): dúas obras referenciais para todo estudoso da lírica de transmisión oral e para os mediadores docentes que queren traballar con ela nos centros educativos.

No primeiro, insístese en que a poesía lírica popular se está a perder, en que é un patrimonio que sustenta a memoria polo que non se pode abandonar e menos reducir só a recreos, pois sempre formou parte da vida familiar e social. No segundo, ofrécese unha guía práctica para perpetuar esa memoria a través do traballo nas aulas de infantil e primaria. En ambos se insiste na importancia das creacións populares, sobre todo do cancionero como memoria, recordo e formación básica para achegarse aos textos poéticos.

marta.neira@usc.es