El Correo Gallego

Tendencias » El Correo 2

premio moz@s articulistas

O saber non ten cancelas

NEREA CALVIÑO  | 31.03.2019 
A- A+

TEN A EDUCACIÓN ESPAÑOLA tantos fallos como se pensa? Esta é unha pregunta que moitos, na maioría espa­ñois, pensan día a día.

Ultimamente, fálase moito de que a educación empeorou nestes últimos anos; argumentando que os profesores non están ben formados, que os rapaces non se centran nos seus estudos e que os proxenitores non se preocupan porque esta situación se resolva.

Ben é certo que, segundo as estatísticas do INE (Instituto Nacional de Estatística), o nivel educativo español está moi por debaixo doutros moitos (Finlandia, Corea ou Suecia).

Non obstante, nestes estudos non se analiza a forma de aprendizaxe dos alumnos, senón que se teñen en conta unicamente os resultados obtidos nun período de tempo determinado.

Se nos centramos no caso de Corea, cabe destacar  que os alumnos coreanos pasan a maior parte do seu día estudando pola fomentación da competencia entre eles. Segundo Park Chul (o ex reitor da Universidade Hankuk), a educación excesiva é a culpable de que Corea sexa o país con máis suicidios do planeta; con 11 posibles suicidios por cada 100 estudantes (datos da Oficina de Estatística de Corea do Sur).

Tras o coñecemento destes datos, non sería necesario telos en conta á hora de facer estes estudos? É posible que, debido á idealización da educación deste tipo de países, se acabe por implementar este método (causante de numerosos problemas psicolóxicos e físicos nos estudantes) noutros países como pode ser España? Porén, no caso de Finlandia, a educación é o máis individualizada posible. Foméntase a creatividade e non se lle dan importancia aos exames con resultados numéricos, senón que se fan informes descritivos da evolución do alumno; o que fai que estes teñan unha maior saúde física e psicolóxica debido á menor presión sufrida.

Segundo a miña experencia, non é boa a preocupación excesiva polos resultados numéricos pero tampouco se debe deixar de dedicar tempo ao cultivo da mente; xa que é totalmente necesario para un correcto desenvolvemento do proxecto de vida.

Finalmente, como conclusión e baixo o meu punto de vista, deberíanse analizar detalladamente dende diferentes ámbitos (resultados numéricos, formación dos profesionais, saúde mental e física dos estudantes…), comparar os distintos métodos educativos e escoller un común que beneficiara tanto ao nivel cultural do país como aos estudantes.

1º de bachillerato La Salle. Santiago