El Correo Gallego

Tendencias » El Correo 2

Un novo volume para a formación dos mediadores

CARMEN FERREIRA ICE-USC/ELOS-ANILIJ  | 09.09.2018 
A- A+

O Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela acaba de publicar en libro electrónico o número 4 da colección Cadernos do mediador do Instituto de Ciencias da Educación, baixo o título Guerras e conflitos sociais de onte e de hoxe (literatura e arte), coordinado por Rocío García Pedreira, María Josefa Porteiro e Verónica Pousada Pardo. Este interesante e útil monográfico ofrece vinte e cinco traballos de investigadores brasileiros, españois e portugueses que tratan as temáticas dos conflitos bélicos e sociais e as súas consecuencias en obras de Literatura Infantil e Xuvenil. Preténdese con estas achegas axudar o mediador á formación do futuro lector a partir da lectura visual e textual e á consecución do hábito da lectura, ademais de poder facer reflexionar á nenez e mocidade sobre as repercusións que teñen calquera tipo de conflitos na humanidade.

verinesa@yahoo.es