El Correo Gallego

Tendencias » El Correo 2

Un tema tabú: a violencia de xénero

CARMEN FERREIRA  | 25.11.2018 
A- A+

Produção Literária Juvenil e Infantil contemporânea: Reflexões acerca da pós-modernidade é unha monografía publicada no Brasil a comezos deste ano. Nel os seus organizadores Maurício Silva, Diana Navas e Eliana Aperecida Galvão Ribeira Ferreira acollen dez traballos que se dirixen a profesores, mediadores da lectura en xeral e lectores, para axudalos como eles din "na aventura e risco do conhecimento", conscientes de que as lecturas dependen unhas das outras. Entre eles, recóllese o realizado por Blanca-Ana Roig Rechou, un estudo comparativo sobre A cabeza de Medusa, de Marilar Aleixande e Zapatos de tacón, de Lidya Boyunga Nunes, obras nas que a violencia de xénero, desde distintos ángulos, un tema tabú durante moito tempo na Literatura Infantil e Xuvenil, se trata con realismo e se ofrecen reflexións, dúbidas e solucións que poden facer medrar os novos para que prevaleza a súa escolla e non a violencia. verinesa@yahoo.es