Vida e obra de Antonio Fraguas
Dentro das homenaxes que se lle están a facer a Antonio Fraguas (1905-1999), hoxe salientamos a que realiza a Editorial Galaxia a través da súa colección Letras galegas para a que a investigadora e profesora Malores Villanueva escribiu Antonio Fraguas. Mestre da memoria, facendo o volume 24. Trátase dunha biografía divulgativa da vida e obra do homenaxeado no Día das Letras Galegas 2019 que, malia non renunciar ao rigor documental, ofrece con criterio cronolóxico moitas anécdotas (algunhas inéditas) que conforman unha viaxe polo século XX a través do labor realizado por Fraguas desde diversas facetas como investigador, docente, locutor de radio, director do Museo do Pobo Galego e incluso a súa incursión no cinema. Unha interesante e completa achega de entretida lectura á figura deste persoeiro que sempre traballou coa súa obra e palabra a prol de Galicia, asentado na humildade, constancia e entrega. blanca.roig@usc.es