El Correo Gallego

Tendencias » El Correo 2

Viñetas desde o Atlántico 2018

MAR FERNÁNDEZ VÁZQUEZ USC-LITER21/LIJMI/ELOS  | 09.09.2018 
A- A+

Hai que parabenizar ao artista gráfico Miguelanxo Prado, pois baixo a súa dirección estase a celebrar na Coruña un verán máis unha cita ineludible para os amantes da banda deseñada: o Salón Internacional do Cómic "Viñetas desde o Atlántico" que acaba de cumprir 21 anos e que aproveita para realizar unha retrospectiva de autores agora consagrados e que eran descoñecidos cando participaran nas primeiras edicións deste evento, como é o caso de Emma Ríos e David Rubín, unha parella que consolidou a súa carreira nos Estados Unidos de América.

Do 6 ao 12 de agosto pasarán artistas como José Ramón Sánchez, premio Nacional de Ilustración 2014, Ángel de la Calle, Homs, Xosé Tomás, Tirso Cons e tres autoras con peso no panorama actual: Belén Ortega, Mamen Moreu e Cristina Durán, entre outros. Unha boa oportunidade veraniega para coñecer a revolución da banda deseñada e iniciar á infancia no pracer da lectura.

margramanet2004@yahoo.es