El Correo Gallego

Tendencias » El Correo 2

A violencia de xénero en Galicia

Texto gañador do Premio Moz@s Articulistas

ÓSCAR PAZ LUEIRO / PRIMEIRO DE BACHARELATO / LA SALLE SANTIAGO  | 30.06.2019 
A- A+

Século  XXI, Vox crece a pasos axigantados. Pregúntome si é produto do descontento xeral da cidadanía coa política, coma semella que algúns nos queren facer crer, ou si en realidade hai quen foi capaz de ler o seu programa político e construir un relato coherente co século e ca sociedade na que vivimos.

Tanto en Galicia coma no resto de España a violencia de xénero segue a ser un problema moi grave. Tan só en Galicia no último trimestre do ano 2018, adoptáronse 355 ordes de protección en favor de mulleres maltratadas, datos que foron publicados polo Consello Xeral do Poder Xudicial. Levamos anos loitando contra esta lacra social, nembargante seguimos chorando por cada muller morta a mans do machismo máis radical.

Non semella doado pero baixo a miña opinión é imprescindible implantar medidas educativas de contido feminista nas escolas, en todos os cursos, comezando dende os máis pequenos. Por experiencia propia podo dicir que isto non se está a facer como se debería.

Quizáis unha asignatura específica a través da cal poder educar aos alumnos en igualdade, visibilizar a realidade para facerlle frente á desigualdade.

A concienciación en igualdade de xénero é fundamental para atallar este problema de raíz, e mentres uns e outros intentan sacar rentabilidade política do asunto, sería primordial que as institucións e administracións públicas continuaran traballando por mor da igualdade de xénero. Ainda así, tamén nos incumbe aos cidadáns de a pé loitar cada día contra todo tipo de actitudes machistas, cada un dentro do ámbito que lle corresponda.

Volvendo as cifras antes referidas faise incomprensible a pretensión dalgúns en relación á derogación da actual lei de violencia de xénero coa premisa de “hai que protexer por igual aos nenos, homes, anciáns e mulleres deste país”. A cruda realidade é que as que morren cada día son as mulleres a mans dos homes polo simple feito de ser mulleres. Motivo principal polo que foi necesaria a aprobación da devandita lei en 2004, porque os nenos, anciás ou homes xa están protexidos en caso de violencia doméstica, e porque se as mulleres seguen sendo asasinadas é fruto da sociedade machista na que vivimos que se ve reforzada por esta clase de ideoloxía retrograda que está a rexurdir.

Como xa dicía Rosalía de Castro en El caballero de las botas azules: “Venid ahora vosotras, esclavas mías, hermosas hijas del libre pensamiento, que lucháis por romper unas cadenas que sólo desata la muerte; valientes amazonas que no vaciláis en medir vuestras fuerzas con el gigante invisible que os vence (...)”

Polo tanto, e agora máis que nunca, sí é necesaria esa discriminación positiva en favor das mulleres, porque negar isto é negar a evidencia e non querer loitar por unha causa que nos incumbe a todos, empezando por nós os rapaces e rapazas nos que se depositou a esperanza de ver medrar unha sociedade máis aberta, máis tolerante, máis libre e sobre todo máis feminista.