Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os protagonistas desta semana, Daniel Iglesias e Miriam Conejo, coñecéronse nun ‘reality’

A historia desta noite do exitosos programa 48 horas para o si (TVG) naceu na televisión e, se a sorte segue do seu lado, a parella podería poñer o ramo e celebrar o seu gran día tamén neste medio. Este martes acode ao concurso coa intención de casar Daniel, que disporá de 48 horas para levar a cabo os preparativos da petición de man e a posible celebración da súa voda con Miriam.

Para este cometido, contará coa axuda dun cómplice, o seu amigo David Pedre. Amais, Alba, estilista da Coruña, e Rubén e Fer, dous organizadores de vodas coruñeses asentados en Marín, contribuirán a facer realidade o soño de Daniel.

Os protagonistas desta semana, Daniel Iglesias e Miriam Conejo, coñecéronse hai máis de sete anos tras o paso do mozo por un reality de televisión, en que a finalidade era conseguir parella. Miriam, unha gran fan dese programa, ao quedar fascinada co rapaz, comezou a escribirlle vía Twitter. Despois de conectar e falar a diario durante 4 meses, Daniel decidiu ir coñecela en persoa a Huelva. Todo saíu de marabilla e, finalmente, Miriam decidiu hai dous anos instalarse en Galicia por amor. Establecéronse en Narón.

A presentadora Iolanda Muíños recibirá hoxe en 48 horas para o si a Daniel, un mozo moi tradicional do Ferrol, de 35 anos, que traballa no Exército.

Pola súa parte, Miriam, de 28 anos, xerocultora e natural de Palos de la Frontera, acode enganada xa que pensa que vai participar no concurso Que parellas!, consistente en demostrar que se coñecen á perfección como parella.

18 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.