Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

En ‘Ler Conta moito’ apoian bibliotecas de 180 concellos

De Compostela, os centros de Conxo, Vite, Fontiñas e Santa Marta teñen axuda de 3.500 €

Un total de 180 concellos benefícianse das axudas da Xunta de Galicia para as actividades de dinamización da lectura así como para o desenvolvemento do programa Ler conta moito nun total de 220 bibliotecas e axencias de lectura integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a lista de beneficiados desta liña de financiamento ás entidades locais dotada con 195.000€ por parte da Consellería de Cultura, Educación e Universidade co obxectivo de facilitar a posta en marcha actividades de animación á lectura sobre a base do catálogo Ler conta moito 2021. En Santiago, as bibliotecas públicas municipais José Saramago de Conxo, Vite, Fontiñas e Santa Marta acadan axudas por un total de 3.497,72 €. Este programa, que se desenvolve en colaboración coas entidades locais, vai contribuír á promoción da lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, ofrecendo espazos de encontro para descubrir e compartir. Ademais de alentar a aprendizaxe, o desenvolvemento de actividades como estas de dinamización no ámbito da biblioteca permiten reforzar o seu carácter de espazo aberto.

Ao abeiro desta liña os concellos beneficiarios deberán programar ata o 25 de outubro un mínimo de dúas actividades polas que reciben unha achega que cubre ata o 75% dos gastos. Ademais do compromiso coas administracións locais e coas bibliotecas galegas, esta acción enmárcase dentro da aposta do Goberno galego por consolidar un sistema bibliotecario sólido, que se ratifica nun incremento dos orzamentos deste ano ata acadar os 7,4 millóns de euros. Ademais, desde a entrada en vigor da Lei de Bibliotecas de Galicia reforzouse a cooperación entre os axentes con competencias nesta materia.

De xeito complementario destas axudas, a Xunta ofrece tamén subvencións para o crecemento e actualización das coleccións das bibliotecas, axudas para equipamentos culturais dos concellos.

14 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito