Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 18 octubre 2021
20:42
h
Rumbo a Róterdam

“España volverá a ganar Eurovisión cuando TVE quiera y ponga las ganas, los medios y los recursos”

O próximo 22 de maio o cantante Blas Cantó representará a España no Festival da Canción de Eurovisión e as esperanzas están postas no seu tema ‘Voy a quedarme’, esperamos que Europa “quede” con esta canción

Por culpa da pandemia, a música viuse minguada o ano pasado cancelándose o Festival da Canción de Eurovisión, que era a primeira vez que se vía nesta situación desde o seu comezo no ano 1956. A pesar disto, RTVE quixo outogarlle a oportunidade ao cantante Blas Cantó de seguir representándonos neste ano con outro tema diferente a ‘Universo’, xa que así o requiren as normas do certame.

O sábado, 20 de febreiro, tivo lugar en TVEDestino Eurovisión’, a gala para elixir o tema que nos representaría na cidade neerlandesa de Róterdam o próximo mes de maio. As opcións eran dúas, unha balada chamada ‘Voy a quedarme’ e un tema máis pop co nome de ‘Memoria’. Debido á votación dos espectadores, saíu elixida a primeira e por iso quixemos falar sobre este suceso con especialistas en temas eurovisivos.

Charlamos con Lucía Pérez, representante de España en Eurovisión 2011 e con Vicente Rico, membro da dirección de Eurovision- Spain. com, o maior portal de internet no noso país sobre o festival.

-Como foi a túa experiencia representando a España no ano 2011?

Lucía Pérez. Nun primeiro momento foi un pouco agridoce, porque elixiron unha canción que non era o meu estilo. Pero despois de pasar este tramo, o Festival de Eurovisión tróuxome moitas cousas boas, tanto a nivel persoal como profesional.

-Coñeces persoalmente a Blas Cantó, o noso representante deste ano? Cal é a túa valoración sobre el?

Lucía Pérez. Hai unha anécdota curiosa, porque o ano da miña elección, nesas galas eliminatorias que fixo TVE estaba o grupo Auryn, do que formaba parte Blas Cantó e tivemos moita relación. Paréceme que é un gran artista, un gran profesional e o mellor representante que podemos levar este ano.

Vicente Rico. Sí, conocemos a Blas Cantó personalmente, pero solo desde un sentido profesional, por lo que no podemos valorar la persona tras el “personaje”. Como artista, es uno de los mejores intérpretes de pop” español y tiene una gran carrera por delante.

-Consideras que ‘Voy a quedarme’, o tema que nos vai representar é unha boa opción para acudir ao Festival da Canción de Eurovisión deste ano?

Lucía Pérez. É unha boa opción, pero pode que houbera outras opcións mellores pero non sei. Si que creo na capacidade que ten Blas, ademais acórdome do seu single ‘Él no soy yo’ que me pareceu un gran tema digno de Eurovisión.

Vicente Rico. Sí, es una balada de calidad, muy bonita y emotiva, y a España la canción melódica y las grandes voces casi siempre le han funcionado en el festival.

-Coñeces o resto das cancións confirmadas ata agora dos países que concursan nesta edición? Como cres que é o nivel, en xeral, de esta edición?

Lucía Pérez. Se che son sincera, non escoitei aínda nada. Pero sei que Chipre sacou algo con moi bos comentarios.

Vicente Rico. Sí, durante los 365 días del año en Eurovision-Spain.com cubrimos la información de todos los países participantes, sus preselecciones, artistas y demás contenidos, y este año se proyecta como uno de los más fuertes de los últimos tiempos.

-Pasaron moitos anos desde aquelas vitorias de España neste gran festival, cres que pode volver gañar? Podería ser este ano?

Lucía Pérez. Si, eu creo que se gañou Portugal cantando en portugués, tamén pode gañar España cantando en castelán. Hai xente que di que Eurovisión é política, pero eu creo que non, porque pode haber similitudes culturais que empurren a votar máis a uns pero se unha canción gaña, gaña porque conquista a maioría. Oxalá sexa este ano con Blas.

Vicente Rico. España volverá a ganar Eurovisión cuando TVE quiera y ponga las ganas, los medios y los recursos para hacerlo. Lamentablemente, no parece que vaya a ser a corto plazo.

-Que resultado lle auguras ao noso representante na final do 22 de maio?

Lucía Pérez. Eu só desexo que quedemos do posto 15 para arriba, pero aínda así, é demasiado cedo para dicir algo cando non escoitei as cancións como xa che dixen.

Vicente Rico. Si se obra el milagro y la puesta en escena acompaña a la canción, con una actuación sencilla, pero a la vez atractiva, elegante y llamativa, podría conseguir la mejor clasificación de las últimas cinco ediciones, lo cual tampoco es tirar muy arriba, si no nos tememos que estamos condenados un año más al pozo.

02 mar 2021 / 20:33
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.