Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Espazos naturais do Gaiás acollen a visibilidade da muller creadora

O Goberno galego promove
a terceira edición do ciclo
de intervencións artísticas ‘Reb/veladas na paisaxe’

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, inaugurou onte na Cidade da Cultura a terceira edición do ciclo Reb/veladas na paisaxe co que a Xunta de Galicia consolida o seu compromiso de darlle maior visibilidade á presenza da muller na arte e contemporánea. Deste xeito, este ciclo de intervencións artísticas no espazos naturais do Gaiás mantén a súa aposta pola perspectiva de xénero no ámbito creativo e volve contar cunha presenza maioritaria feminina, tanto nas comisarias –María Marco, Elena Bangueses e Violeta Janeiro– como nas artistas: Amaya González Reyes, María Xosé Díaz e Alexandra R. Rey, quen traballa xunto a Thomas Apostolou.

Precisamente, no acto inaugural, o representante do Goberno galego remarcou a importancia deste tipo de ciclos para pór en valor non só as creacións artísticas na paisaxe feitas por mulleres, senón tamén as que se fan en Galicia, “como dan bo testemuño estas tres intervencións, nas que cinco das seis protagonistas son de orixe galego”, salientou. Neste senso, enfatizou que con este ciclo se amosa a aposta da Consellería de Cultura pola promoción da creación artística en Galicia, ofrecendo “oportunidades e espazos” para que os creadores e creadoras desenvolvan o seu traballo. “Queremos que a Cidade da Cultura non sexa só un lugar de exhibición, senón tamén un espazo para a creación”, afirmou.

Lugar de creación e exhibición. De feito, o conselleiro aproveitou a inauguración para lembrar que este ano se puxo en marcha o programa REGA, Residencias artísticas no Gaiás, onde se agrupan diversas liñas de traballo nas artes plásticas, nas escénicas e na literatura e gabou que todas elas ofrecen oportunidades para crear co obxecto de “contribuír ao que é un dos seus obxectivos como institución: dinamizar o sector cultural”.

Acompañado do secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; da directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, e das tres comisarias e as catro artistas, tamén fixo fincapé no reforzo do vencello entre a Cidade da Cultura e o Camiño de Santiago que supón Reb/veladas na paisaxe.

Ao respecto, lembrou que a Vía da Prata, que entra a Santiago polo barrio compostelán de Sar, transcorre paralela á faldra oeste do Monte Gaiás, xusto a zona onde se sitúan as instalacións: no Xardín literario e no Bosque de Galicia, cuxa nova e terceira fase acollerá unha das tres intervencións.

Sobre o camiño
Memoria, pegadas...

··· Tamén no Bosque de Galicia, pero máis próximo cara ás Bra-ñas de Sar, localízase ‘Cantas maneiras hai de poñer o corpo a pensar? E cantos paxaros haberá’, comisariada por Violeta Janeiro Alfageme (Vigo, 1982). Nela, a artista María Xosé Díaz (Catoi-
ra, 1949) instala nove figuras poliédricas que non superan o medio medro de altura, nas que recrea o mundo que coñeceu na súa infancia neste lugar.

··· No Xardín literario sitúanse as figuras de cobre, resultado dun percorrido dos diferentes tramos das cin-
co Rutas Xacobeas
que realizaron xun-
tos Alexandra R. Rey (Pontevedra, 1993) e Thomas Apostolou (Atenas, 1985).

··· Reb/veladas que forman parte da contorna do Gaiás. Aínda que todas as intervencións deste ciclo son temporais, algúns dos traballos que se presentaron en edicións anteriores están na actualidade integradas nos espazos naturais da Cidade da Cultura.

··· Estas excepcións son a caixa de correos en forma de pirámide, ‘Deixa aquí os teus medos’, con autoría
de Alicia Framis e ‘Constelacións II’ de Clara Montoya, coloquialmente alcumada como o ‘Banco do Peregrino’, que se converteu nun novo miradoiro que ofrece unha vista diferente, por menos coñecida, de Compostela.

Valado publicitario de Amaya González na terceira fase do Bosque do Camiño

Santiago. En concreto, Ousadía, a liña da vida é a intervención que inaugura como espazo artístico esta nova zona verde no Bosque de Galicia, que se sitúa máis próxima á Vía da Prata.

A instalación de Amaya González Reyes, comisariada por María Marco (Vigo, 1979) inspírase nos tratados quirománticos escritos á luz do Camiño de Santiago no século XII que interpretaban o futuro nos debuxos das liñas da man. A artista, nun xiro radical de escala, montou nun valado publicitario unha fotografía das súas propias liñas que procura contrastar a realidade de que o camiño está escrito coa que cre na liberdade e na elección consciente do destino. M.A.

02 may 2021 / 01:02
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.