Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

e arte en setembro

As Torres de Altamira e as igrexas de Cornada, Luaña e San Fins, en Brión, parte do programa

O ciclo Espazos Sonoros. Sons e lugares do Reino Medieval de Galicia chegará, no mes de setembro, a diferentes enclaves patrimoniais da provincia da man das áreas de Cultura e Contratación e Patrimonio da Deputación da Coruña e dos concellos de Brión e Vimianzo. O programa foi presentado onte polos deputados ambas áreas, Xurxo Couto e Xosé Lois Penas, pola acaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, pola concelleira de Turismo e Patrimonio de Brión, Yolanda Bouzas, e pola directora artística da iniciativa, Belén Bermejo.

No acto de presentación, o deputado de Cultura, Xurxo Couto, aproveitou para salientar que esta proposta supón unha oportunidade para achegarse dun xeito diferente a unha serie de espazos da provincia directamente relacionados “coa nosa historia, concretamente coa historia medieval galega ás veces tan descoñecida, a través da música e da creación artística”. Así, durante tres fins de semana, entre o 11 e o 26 de setembro, combinaranse concertos musicais con roteiros e visitas guiadas nun total de oito espazos: as Torres de Altamira e as igrexas de Cornada, Luaña e San Fins en Brión, o Pazo de Mariñán en Bergondo, a igrexa de Santiago de Cereixo e o Castelo de Vimianzo, e as Torres do Allo en Zas.

Pola súa banda, o deputado de Contratación e Patrimonio, Xosé Lois Penas, asegurou que ‘Espazos Sonoros’ está na liña da filosofía do seu departamento de “integrar todas as áreas posibles na posta en valor do patrimonio, tanto a cultura como o turismo, a conservación, a historia, e mesmo a lingua e a economía”. Neste sentido, salientou que a través deste ciclo “poderemos coñecer o patrimonio máis aló dunha visita, e cada proposta converterase nunha experiencia sensorial”. Tamén lembrou que, ao igual que outras iniciativas da Deputación, este proxecto se leva a cabo en colaboración cos concellos e, neste caso concreto, combínanse espazos patrimoniais de titularidade da Deputación con espazos de titularidade municipal en Brión e Vimianzo.

En relación ao Concello de Brión, a concelleira de Turismo e Patrimonio, Yolanda Bouzas, mencionou que precisamente “a xornada inaugural deste programa premitirá coñecer dúas das parroquias máis descoñecidas de Brión, as de Cornada e Luaña, porque aínda que pareza mentira no século no que estamos aínda quedan lugares por descubrir”.

Mentres, a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez cualificou como “lugares emblemáticos” os dous espazos escollidos neste concello e agradeceu que se incluíran na iniciativa “dando visibilidade ao que ofrece Vimianzo”, ao tempo que avogou porque o programa “teña continuidade e se siga celebrando en anos vindeiros”.

A directora artística de ‘Espazos Sonoros. Sons e lugares do Reino Medieval de Galicia’, Belén Bermejo, comezou avogando pola sostibilidade do programa, en canto a proximidade e formato, ao que tamén cualificou como “imprescindible á hora de manter a cultura viva en tempos difíciles”. Todas as actividades son de balde pero é preciso inscribirse empregando o email actividades@espazossonoros.org.

Programa O sábado 11 de setembro nas Igrexas de Cornada e A Luaña, Brión: actuación musical de Manseliña e roteiro de músicas in itinere polas terras dos Moscoso con paradas en diferentes espazos. O domingo 12 de setembro na igrexa de San Fins, Brión: concerto da Ensemble Ony Waytars e roteiro comentado polas Torres de Altamira. O sábado 18 de setembro no Pazo de Mariñán, Bergondo: actuación de Dous e visita guiada polo Pazo e xardíns. O domingo 19 de setembro na Igrexa de Santiago de Cereixo, Vimianzo: concerto de Vivid Consort e visita guiada pola contorna. O sábado 25 de setembro no Castelo de Vimianzo: Treides Comigo!, con música de Xoan Curiel . E o domingo 26 de setembro nas Torres do Allo, Zas: actuación de Pablo Pérez Sanmamed e visita posterior.

05 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.