Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Especial hoxe na TVG da ‘Liga das Familias Extraordinarias’

É unha gala, presentada por Paco Lodeiro, onde cantantes que participaron no concurso van ter convidados da súa sangue

O colofón ás festas de Nadal porao este día de Reis o programa especial na Televisión de Galicia (TVG) A Liga das Familias Extraordinarias, unha gala, presentada por Paco Lodeiro, en que oito dos cantantes que participaron durante o verán no concurso para atopar o mellor intérprete das orquestras galegas actuarán coas súas familias.

Sen dúbida, este é o momento máis especial para os concursantes, xa que nesta ocasión poderán subir ao escenario coas súas persoas máis achegadas e gozar xuntos da música máis alá de se unha nota estivo ben ou mal. Un momento que non esquecerán xamais. Rita Barreiro, da orquestra Charleston Big Band; Laura Añón, da Finisterre; Noly, cantante de Los Satélites; Danni Lamas, de Kubo; Antonio Barros; Ruth Núñez, de La Ocaband; Ángel Hasegawa, integrante da orquestra Cinema, e Alejandra Pais, de Los Satélites, participan nesta entrega tan especial xunto a pais, nais, irmans, avós, fillos e moita mais familia. Como marca xa a tradición, A Liga das Familias Extraordinarias tamén terá representación familiar do xurado, integrado por Pili Pampín, Lito Garrido, Lucía Pérez e os Monoulious Dop e, como non, Paco Lodeiro, o mestre de ceremonias, virá acompañado de Pablo, un pequeno xa coñecido por todos, a cantar un tema moi especial. En definitiva, será un programa cheo de sorpresas, risas e emocións e, máis ca nunca, para toda a familia.

Por outra banda, no programa Grandes Cachadas. Famosos ao plató, que a TVG ofrece esta tarde de Reis, está cargado de caras coñecidas e de momentos divertidos. Nesta ocasión, o espazo presentado por Esther Estévez amosará algunhas das situacións máis simpáticas das que foron protagonistas ante as cámaras da Galega personaxes coñecidos por todos, pero facendo cousas que non son as que se agardan ver deles. A comida e a cociña son, por exemplo, a escusa perfecta para coñecer outra faciana dos famosos.

Dende os Camela arriscándose a probar de todo no Luar’ ata Ana Kiro ou Julián Hernández amosando as súas mellores receitas de cociña. Os espectadores tamén verán algúns presentadores, aparentemente moi serios, bailando, e outros, conducindo dende un chimpín ata mesmo un coche de luxo.

06 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.