Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 28 enero 2023
20:08
h

Especialistas profundan no legado de Martín Sarmiento

Este ano conmemórase o 250º cabodano dun dos intelectuais máis destacados do s. XVII

Santiago. Este ano 2022 conmemórase o 250º cabodano de Martín Sarmiento (1695-1772), un dos intelectuais máis destacados do século XVIII e un importante precursor dos estudos galegos e do pensamento galeguista. Con motivo desta efeméride, o Consello da Cultura Galega (CCG) organiza os días 28 e 29 de novembro o Simposio Martín Sarmiento: de historia natural e de todo xénero de erudición. A actividade, coordinada por Henrique Monteagudo, reunirá un conxunto de estudosos da obra sarmentina. Ademais presentaranse os dous tomos que faltaban para completar a edición da súa obra magna Obra de 660 pliegos. A cita é presencial, pero poderá seguirse en directo a través do sitio web e as redes sociais da institución.

Expertos como Joaquín Álvarez Barrientos ou María Álvarez Lires, entre outros, participarán neste simposio, no que se analizarán diversos aspectos da vida e obra de Martín Sarmiento. Na tarde do primeiro día terá lugar a presentación de dous volumes edición do tratado misceláneo De historia natural y de todo género de erudición. Obra de 660 pliegos, co que se completa a edición da obra, coordinada polo profesor Henrique Monteagudo e publicada conxuntamente co CSIC. ECG

28 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito