Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Estará no set do espazo de humor que conduce no prime time Roberto Vilar e con boa sona

A entrega deste xoves pola noite na TVG de Land Rober Tunai Show, xa a número 255 na súa andaina, vai ter un convidado especial; o artista Ricky Merino. “O showman vai experimentar todo o talento que hai en Galicia en tema de orquestreo nunha nova entrega da sección Dando a nota”, segundo sinala a nota de prensa.

No universo deste tolo espazo, ademais “Dosinda recibe un cliente un tanto peculiar: o inventor dos bitcoins! Esta xuntanza pode dar moito que falar e Ricky Merino vai ter moito que ver nisto!”, engaden no comunicado que informa do contido deste formato semanal. “E hoxe volve o Quen vés sendo? onde Noelia Rey e Arturo Fernández, que teñen algo importante que anunciarlle a toda Galicia, van ter que atinar cal é a verdadeira identidade da señora que nos visita”.

Roberto Vilar conta coa colaboración habitual de Eva Iglesias, Miguel Canalejo e Víctor Fábregas, a partir das 22.00 horas na Televisión de Galicia, grelal onde esta proposta que mistura humor, música, entrevistas e concursos leva varios cursos acadando bos datos de audiencia.

Grabado en Teo nas instalacións de CTV, Land Rober ten falado xa este ano con Berto Romero, Antonio Garrido, Fernando Vázquez, Luis Zahera, Omar Montes, Carmen Lomana, Josemi Rodríguez Sieiro, Lucía Veiga...

Mái alá da súa repercusión cada xoves na oferta de noite da televisión pública galega, Land Rober Tunai Show ten moitas interaccións nas redes sociais con contido especial.

tendencias@elcorreogallego.es

www

elcorreogallego.es

09 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.