Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

India Martínez visita hoxe o ‘Land Rober’

Esther Estévez e Víctor Fábregas tamén van visitar o programa de Roberto Vilar na TVG

Land Rober Tunai Show recibe este xoves pola noite a visita da cantante India Martínez, principal convidada deste espazo da Televisión de Galicia que baixo a dirección e presentación do showman Roberto Vilar acada bos datos de audiencia cada semana no prime time.

O formato mistura entrevistas, humor, música e concursos, e na entrega de hoxe vai ter tamén como convidados a Esther Estévez e Víctor Fábregas, entre outros contidos e sorpresas.

Grabado en Teo nas instalacións de CTV, Land Rober ten falado xa neste curso 2020-2021 con Berto Romero, Fernando Vázquez, Luis Zahera, Omar Montes, Carmen Lomana, Josemi Rodríguez Sieiro, Antonio Garrido ou Lucía Veiga

Por outra banda, tamén hoxe na grella da TVG, A Revista falará sobre o único e primeiro albergue de primeira categoría de España en acadar o selo da Q de Calidade Turística, o Albergue Bela Muxía, co seu xerente, Pepe Formoso, e coa directora técnica de Globalmed Galicia, María González. O espazo conectará, amais, en directo con Ángel Manuel Castro, que amosará as instalacións deste establecemento.

Por outra parte, co médico Norberto Proupín, colaborador do programa, falarase da actualidade relativa á COVID e das últimas medidas restritivas aprobadas polo comité clínico e que entraron en vigor esta semana. Por último, coma cada xoves, o humorista Isi colaborará nas seccións do magazine e comentará as noticias do corazón, e Mercedes Nodar, mestra de Polo Rego, ofrecerá consellos útiles para o coidado da horta.

21 ene 2021 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.