Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Estoxo cos Estatutos de Autonomía de Galicia, un punto de encontro

nin os galegos dos oitenta” aseverou Feijóo na presentación do proxecto de Teófilo Edicións

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recordou onte que “nos nosos estatutos cabemos todos os galegos” e destacou que da man deles Galicia recuperou o orgullo de ser autonomista.

Durante o acto de presentación do estoxo de Teófilo Edicións cos Estatutos de Autonomía de Galicia (1936-1981) na capela do Hostal dos Reis Católicos, en Santiago, Feijóo aseverou que ambos textos son lugares de encontro, nos que non hai un pensamento único, senón a diversidade que existe “na Galicia diversa”. E avogou por que o autonomismo se faga presente nos debates porque aporta, dixo, o mellor da nosa historia e é o camiño máis seguro para conciliar pareceres. “Non se equivocaron os galegos dos anos trinta nin os galegos dos oitenta, cando depositaron na autonomía as súas esperanzas de futuro. A Galicia na que convivimos hoxe así o demostra”, sinalou.

Ante os que din que a España das autonomías non resolve os problemas territoriais existentes, Feijóo resaltou as transformacións e melloras que experimentou Galicia en todos os índices de referencia nestas catro décadas.

E en canto á capacidade do Estado das Autonomías para satisfacer as demandas e inquedanzas actuais, o titular do Goberno galego asegurou que así como a existencia de preitos non cuestiona a solidez dunha sociedade, tampouco os conflitos competenciais son unha ameaza para o Estado democrático.

“Sería diferente se eses preitos non se someteran á lei e á xustiza. E é diferente cando, mediante unha sedición, se atenta contra a convivencia de todos”, precisou. O presidente da Xunta concluíu referíndose á obra que cunha ilustración que recorda á Xeración Nós, como unha xoia bibliográfica na que se contén un tesouro da galeguidade.

No acto celebrado onte na capital galega tamén estiveron presentes o alcalde de Santiago Xosé S. Bugallo; o catedrático de Dereito Constitucional, Roberto Blanco Valdés (autor do prólogo); o editor José Luis Teófilo Piñeiro; o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde; a conselleira do Mar, Rosa Quintana; o conselleiro do Medio Rural, José González; o arcebispo auxiliar de Santiago, Francisco Prieto; o presidente del Consello Consultivo, Costa Pillado; a directora Xeral de Relacións Intitucionais, Blanca García Señoráns; o voceiro do grupo parlamentario do PP no Parlamento, Pedro Puy; o presidente do Partido Popular en Santiago, Borja Verea; o secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Manuel Vila; o presidente de Cogami, Anxo Queiruga; e o Secretario Xeral da CEG, Arsenio Prieto, entre outros asistentes, como empresarios e profesionais de varios eidos.

03 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.