Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 02 febrero 2023
01:00
h

Estudo arqueolóxico en Pantón para coñecer o pasado da Ribeira Sacra

Un equipo de dez investigadores estarán nos traballos que foron auspiciados pola Xunta

Pantón (Lugo). A Xunta vén de poñer en marcha unha nova campaña arqueolóxica na área do Preguntoiro, no concello lucense de Pantón, destinada a afondar nas orixes da Ribeira Sacra. A actuación, en marcada nun convenio de colaboración dotado con 24.000 euros e asinado entre a Consellería de Cultura e o Concello de Pantón, prolongarase durante tres semanas.

Así, ata o 6 de novembro un equipo multidisciplinar composto por dez investigadores de institucións científicas de prestixio como a Universidade de Lisboa, o Instituto de Ciencias do Patrimonio (Iincipit) do CSIC ou a Universidade Complutense de Madrid traballarán neste espazo baixo a coordinación de Sonia García Rodríguez e a dirección de Xurxo Ayán Vila.

Concretamente, o equipo centrarase no control da limpeza biótica da área onde se localiza o xacemento arqueolóxico para, a continuación, realizar sondaxes arqueolóxicas, unha prospección intensiva de toda a zona, o rexistro e interpretación de inscricións rupestres e a fotogrametría dixital dos vestixios coa finalidade de favorecer a súa caracterización espacial, cronolóxica e funcional, así como mellorar a visualización dos restos arqueolóxicos alí conservados de cara a súa visita pola cidadanía en xeral.

Ademais de afondar no legado da Ribeira Sacra, os traballos tamén servirán para coñecer as orixes do mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro, conectado co xacemento a través dunha calzada medieval, xa que a tradición oral sinala nese lugar a existencia dunha antiga ermida na honra de San Xoán Degolado.

Co fin de divulgar a importancia deste xacemento e os achados que vaian aparecen no transcurso da intervención, os arqueólogos que traballan no espazo ofrecen visitas guiadas de luns a venres ás 12,00 horas.

A área do Preguntoiro presenta un potencial arqueolóxico excepcional, xa que se trata dunha paisaxe medieval fosilizada na que se conservan as pegadas materiais do sistema de explotación agrario baseado na castaña (sequeiros e soutos) e no viño (antigos socalcos e muros feitos con aparello ciclópeo de granito).

Por este motivo, de xeito paralelo á intervención vanse realizar traballos de investigación coa toma de mostras e realización de analíticas co fin de contextualizar cronoloxicamente esta paisaxe cultural, a súa xénese construtiva, os seus usos e transformacións e as súas implicacións culturais, históricas e económicas. redacción

21 oct 2021 / 18:38
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.