Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Éxito da TVG con récord na franxa do prime time

A canle pública galega pechou o pasado mes cunha cota de ata un 10,9 % na faixa de máis consumo televisivo da xornada

A Televisión de Galicia (TVG) mantén a súa fortaleza no mes de agosto. A media da canle foi dun 9,1% de cota de pantalla no conxunto do día e dun 10,9% no prime time, o que a sitúa de novo como a pública máis vista en Galicia.

A media mensual na franxa do prime time, 10,9%, é a máis alta no que vai de ano, sendo ademais esta a de maior consumo televisivo.

Con respecto á cota acumulada do que vai de ano, a Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) tamén medra e está por riba dos algarismos de 2020, situándose a cota media da canle a finais de agosto do 2021 no 10%. Por días da semana, destacaron neste mes de agosto as medias dos luns (9,7%), martes (9,9%), xoves (9,6%), venres (9,3%) e sábados (9,4%), segundo sinala a canle pública galega na súa nota de prensa.

Na franxa prime time cómpre salientar as cotas acadas os luns (12,2%), martes (11,3%), xoves (11%) e sábados (11,9%), catro días por riba do 11% de cota de pantalla.

Programas máis vistos da súa oferta. Dos 25 programas máis vistos en Galicia no mes de agosto, 10 son da TVG (40%). Os informativos da CRTVG volven ser os programas de noticias máis vistos deste ránking, destacando os datos do Galicia Noticias do xoves 26 de agosto, cun 34,9% de audiencia e o Telexornal Mediodía do día 27, cun 29,1% de cota de pantalla.

A TVG colócase como terceira no total da listase da Forta (Federación de Organismos de Radio y Televisión Autonómicos cun 7,8% de cota dfe pantalla destacando, unha vez máis, como un dos motores do grupo de canles autonómicas.

Por outra banda, falando da grella de hoxe, A Liga dos Cantantes Extraordinarios dará boa conta del mestre de cerimonias, Paco Lodeiro, e o xurado, que, xunto a César Romero, homenaxearán cunha intro a película O Gran Showma. A estas alturas, xa se coñecen algúns nomes que estarán na final do programa pero aínda queda unha única praza libre para quen gañe na semifinal. Ángel Hasegawa, Iria Quintáns, José Ángel Albán, Ángel Sevilla, Ana Paz e Diego Barbazán, xunto a Laura Añón e Rita Barreiro, pelexarán alí no escenario.

tendencias@elcorreogallego.es

www

elcorreogallego.es

02 sep 2021 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.