Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Éxito do libro ‘Contos da beiramar’, de Fernando A. Fernández Domonte

LETRAS. Contos da beiramar, libro de Fernando A. Fernández Domonte acada a súa segunda edición dous meses despois do seu lanzamento, e con tan só tres presentacións públicas, esgotou a súa primeira edición e xa se está a distribuír a segunda. Este éxito evidencia o favor dos lectores.

Contos da beiramar reúne catorce relatos nos que cóntanse episodios protagonizados por mariscadoras, mariñeiros, funcionarios e mesmo algún taberneiro ou pescador furtivo, por veces sorprendentes. De trece destes relatos pódese dicir que se axustan aos canons do xénero. “Consciente desta circunstancia o seu autor subtitulouno xa como “conto en sesión continua”, e nel poden atopar os lectores toda unha crónica continuada do que foi un conflito marisqueiro, salpicada de coloridos detalles –por chamarlles dalgunha maneira- só ao alcance de quen os viviu dende dentro e sabe do que fala”, sinala a nota de prensa da Editorial Elvira, e engaden: “Fernández Domonte fai á literatura ambientada no mundo do mar (tan vencellada á épica que o propio medio e as actividades que nel se desenvolven inspira) ao introducir coma un personaxe máis á Administración e os seus funcionarios, o día a día de quen no mar atopa o seu sustento”. ecg

13 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.