Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘Facendo as Américas’ terá no programa a Pérez Esquivel

Lucía Pérez, Xil Ríos e A Banda da Loba estarán no ‘Bamboleo’

O Premio Nobel da Paz, Adolfo Pérez Esquivel, fillo dun emigrante de Combarro, protagoniza este sábado a quinta entrega do programa Facendo as Américas. Trátase dunha nova aposta de Televisión de Galicia (TVG) para dar a coñecer a personaxes galegos ou con raíces galegas que un día decidiron emprender unha nova vida e probar sorte emigrando a Latinoamérica. O programa emítese ás 19.30 horas.

Activista, arquitecto, escultor e pintor, en 1980 recibiu o Premio Nobel da Paz polo seu compromiso coa defensa da Democracia e dos Dereitos Humanos por medios non violentos en América Latina.

Durante o programa coñeceremos a súa traxectoria profesional, pero tamén o seu lado máis persoal: como foi a súa infancia; que é o que levou ao seu pai emigrar de Combarro a Arxentina; o momento no que se produce o seu paso de docente a activista polos dereitos humanos; a súa función no Servizo de Paz e Xustiza ( Serpaj) en América Latina; ou como A ditadura cívico-militar arxentina secuestrouno, torturó e encarcerou sobrevivindo aos “voos da morte”; entre outros moitos temas.

Un sobreviviente dos “voos da morte”. Adolfo Pérez Esquivel permaneceu detido catorce meses, foi torturado física e psicoloxicamente, e sobreviviu a un voo da morte. Durante esta entrega de Facendo as Américas coñeceremos de primeira man o que significou para el e como o marcou este episodio da súa vida.

Tamén se falará no programa do Monumento á Memoria, un proxecto artístico promovido por Adolfo Pérez Esquivel en Combarro como homenaxe ás persoas que sufriron o exilio e a emigración nos cinco continentes e que estableceron raíces”.

Deseñado polo premio Nobel da Paz en reivindicación da unión dos pobos, estaba situado en Combarro, onde naceu o seu pai e que o declarou fillo adoptivo.

Tamén hoxe, o Bamboleo acode puntual á súa cita na Televisión de Galicia, con Xosé Manuel Piñeiro como condutor e co equipo habitual de colaboradores. Sen dúbida, será unha noite festiva coa mellor variedade musical; xa que estarán varios pesos pesados da música galega, que aínda que pertencen a xeracións distintas, todos están no olimpo da música da terra: A Banda da Loba, Lucía Pérez e Xil Ríos.

A cantante de O Incio continúa recollendo alegrías co seu disco Quince soles, un traballo cheo de cancións importantes na súa traxectoria artística. A el pertencen os temas que Lucía interpretará hoxe: Tocando enfrente e Virxe da Renda, gravado no seu día por Ana Kiro.

Xil Ríos traerá ritmos moi dispares cos seus temas Engaiolar e Manuela, dúas cancións que forman parte da carreira do artista moañés.

Bamboleo contará tamén coa actuación do grupo A Banda da Loba, que interpretará o tema Intempériome do seu disco Hasme oír, un traballo que constitúe unha homenaxe á poeta Xela Arias.

03 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.