Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Falete, convidado estrela no ‘Bamboleo’ desta noite

O programa tamén contará coa actuación conxunta de dúas estrelas da verbena galega, Ángel Hasewaga e Ángel Sevilla

Bamboleo contará esta noite con Falete como convidado estrela. O artista sevillano subirá ao escenario para cantar temas que marcaron a súa traxectoria profesional. Interpretará títulos como Sin censura, El que la hace la paga ou Sombras nada más, grandes temas da historia da música española e latinoamericana versionados polo propio Falete.

Os colaboradores do programa convidarán a Falete a participar en diferentes probas, como o Sobes ou Baixas, con Tamara Pérez, e o xogo de Claudio Pan, hoxe con contido musical. Tamén Isi regresará cun novo e divertido conto. Ademais, dúas estrelas da verbena galega, Ángel Hasegawa e Ángel Sevilla, estarán en Bamboleo interpretando un tema no que uniron as súas voces e o seu talento: Loco.

No que a orquestras se refire, unha formación ferrolá con máis de 60 anos de actividade, Los Players, será a encargada de facer bailar a todos os presentes. No Dirtidansi, por outro lado, a parella campionísima formada por Marta e Roy fará dúas exhibicións de bachata.

Os participantes do Agora ou Nunca serán Pili Feal, que cantará Fue difícil, de Rodrigo Tapari, e Mario Reinamar, que se atreverá con Los Mayorales, de Manolo Escobar. No karaoke de A Jrileira xogarán as comisións de festas de Doso e O Val, ambas as dúas de Narón.

Finalmente, un concursante do público xogará na ITV do Amor contra a parella de namorados, que esta noite chegará acompañada de dúas amigas para afrontar a proba máis picante do Bamboleo.

‘GALICIA DE 20 A 20’. Galicia de 20 a 20 chega esta semana ao ecuador do programa e faino desde Buño, onde Ruth Matilda Anderson inmortalizou unha familia de oleiros. Cen anos despois, os descendentes continúan dedicándose a este oficio, polo que o espazo da TVG achegarase a coñecer a Gonzalo e Aparicio Añón.

Despois collerá cara á Coruña, onde visitará o atelier de Macarena Garay e Pep Ramos, un obradoiro onde a fotografía analóxica segue moi viva. Eles conseguiron unha cámara moi similar a unha das que empregou a fotógrafa americana na súa primeira expedición por Galicia. Así que o programa percorrerá a cidade con esta cámara para ver A Coruña igual que a viu Ruth no seu día.

A ollada de Ruth tamén será un dos temas centrais na conversa con Miguel Anxo Seixas, historiador e comisario de Unha mirada de antano, a exposición de Afundación que levou as fotos de Anderson por toda Galicia. Galicia de 20 a 20 deixará A Coruña para ir á feira de Betanzos, igual que fixo ela hai cen anos, e rematará en Sada, nunha confitaría cuxos doces de Nadal foron inmortalizados por Ruth Matilda.

‘TAL COMO SOMOS’. O programa ‘Tal como somos’ achegarase hoxe á historia dos medios de comunicación en Galicia. En 1800 publicouse o primeiro xornal, nos anos 30 do século pasado chegaron as emisoras de radio e pola televisión houbo que agardar ata 1961.

Nestes 200 anos a evolución foi meteórica, especialmente tras a aparición das novas tecnoloxías nos 90 e principios do século XXI. A chegada do século XXI veu acompañada dunha das máis grandes revolucións polas que atravesou ao longo da súa historia a comunicación. A era dixital fixo a súa presenza para achegar a información aos cidadáns con novos formatos e tamén mudou a maneira de facer xornalismo.

26 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.