Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Fernanda Rodríguez gaña o Xuventude Crea de Arte Urbana

Logrou o primeiro premio pola súa creación ‘Susi de ghato’ // En segundo lugar quedou Elvira López Rodríguez, coa proposta ‘Egos’

A Xunta de Galicia deu a coñecer ás gañadoras na especialidade de Arte Urbana do programa Xuventude Crea 2022, cuxa fase final se celebrou o pasado mes de novembro en Vigo. A vencedora foi Fernanda Rodríguez Miguélez, da Coruña, pola súa creación Susi de ghato.

En segundo lugar quedou Elvira López Rodríguez, natural de Ribadeo, cunha proposta titulada Egos. E o terceiro posto recaeu en Andrea Otero Vázquez, de Ribadavia, coa obra titulada Inés e Anís. A gañadora recibirá unha gratificación de 3000 euros; 1500 a segunda clasificada e 1000 a que quedou en terceira posición. En total, chegaron a esta fase final cinco mozos e mozas que presentaron as súas obras ao xurado.

Máis de 4000 mozas e mozos de entre 16 e 30 anos participaron nas trece edicións que se levan celebradas do Xuventude Crea, que acumula preto de 3000 proxectos creativos e obras presentadas. Na edición deste ano 2022 concorren un total de 350 artistas con 280 obras que, de novo, contarán con apoio por parte da Xunta de Galicia para dar a coñecer as súas creacións. Todas aquelas premiadas ao longo dos últimos anos exhíbense nun museo dixital recen estreado: www.museoxuventudecrea.gal.

09 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito