Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Gañou o certame co artículo ‘Dalias’// Foron finalistas Patricia Hermida e Cláudia Morán

Onte celebrouse no Café Moderno Afundación de Pontevedra o acto de entrega do XVIII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego, outorgado a Míriam Ferradáns polo seu artigo Dalias publicado en Nos Diario.

Acompañaron a premiada, ademais das outras dúas persoas finalistas, Patricia Hermida e Cláudia Morán, o director xerente de Afundación, Pedro Otero Espinar, quen abriu o acto recordando que “con cada edición deste galardón que convocamos, contribuímos a dinamizar o panorama cultural de Galicia, e iso, para nós, significa materializar o compromiso adquirido para impulsar o coñecemento a través da cultura”.

Quixo tamén trasladar ás persoas finalistas os “parabéns por esta distinción, porque a concorrencia crecente a este certame reflicte o interese por unha prensa de calidade escrita en galego e que, da man dos novos valores das nosas letras, procura satisfacer as demandas esixentes da sociedade”.

Xunto a el estiveron Víctor Freixanes, presidente do xurado; Carlos Valle, secretario; Fina Casalderrey, vocal; Cristina Pato, vocal; e Gloria Rodríguez López, vocal.

Tars as palabras introdutorias de Pedro Otero, Carlos Valle, secretario do xurado, procedeu a ler a acta. Nela os xurado constataba a dificultade na elección debido á elevada calidade dos tres textos, e como, tras intensas reflexións Dalias resultara seleccionado.

Míriam Ferradáns quixo agradecer ás súas compañeiras finalistas, Patricia Hermida e Cláudia Morán, poñeren en valor o xornalismo literario: “Estou moi orgullosa de estar nominada con outras dúas mulleres, porque agora as mulleres temos a voz e que saiban que non nola van quitar”.

Freixanes, destacou o compromiso de Afundación coa cultura e quixo acentuar o valor do “talento, que no caso das tres finalistas foi poñer en palabras as emocións e sentimentos profundos que todos temos. Os vosos traballos son moi intensos e están moi ben escritos”.

23 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.