Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ferrol pide máis Letras Galegas para Carvalho Calero en 2021

O concello adicaralle unha sinxela homenaxe este domingo // Pero trasladará á Real Academia Galega o sentir dos cidadáns // Memoria do vello profesor

Antes de profesor e escritor, Ricardo Carvalho Calero foi neno. Con catro anos, asistía aos cines e teatros do seu Ferrol natal xunto cos seus pais. Na súa casa pronto empezou a ler libros de Rosalía de Castro e Castelao. Na cidade de fortalezas e estaleiros, convertiríase nun novísimo poeta. Con 14 anos publicaba poemas na revista Maruxa. E xa antes dos 16 escribía no xornal EL CORREO GALLEGO.

A súa pegada inmensa na lingua galega, escurecida durante décadas, rescatábase neste 2020 coa adicatoria do Día das Letras Galegas. Pero nos lóbregos tempos do coronavirus, o destino quixo que a figura de Carvalho volvese a quedar nun limbo. As entidades de Ferrol que loitaron pola súa candidatu-
ra reclaman que as Letras Galegas do vello profesor pasen para o 2021. E o conce-
llo está disposto a trasla-
dar esa petición á Real Academia Galega.

Como explica o alcalde, Ángel Mato, “a RAG terá que decidir se este ano se adica finalmente a Carvalho, por motivos da Covid-19 non se puideron celebrar a maior parte dos actos”. Afirma que “as entidades que tanto traballaron pola candidatura plantexan a posibilidade de trasladar as Letras Galegas a 2021 e levaremos esa opción á Academia Galega para que a teña en consideración”.

Xusto onte, na xunta de voceiros Ferrol en Común celebraba que “o goberno local recolla a nosa petición de adiar a homenaxe ao 2021 tal e como reclaman moitos outros colectivos”. De todos modos, o concello organiza unha sinxela homenaxe este domingo coincidindo co Día das Letras Galegas. Ás 12.30 na praza de Armas, celebrarase o despregue dunha lona sobre a fachada do pazo municipal coa imaxe do primeiro catedrático de lingua galega na historia. Intervirá o alcalde, e o Real Coro Toxos e Froles tocará o Himno Galego. Recalca Ángel Mato que “será un pequeno acto simbólico con condicións de seguridade debido ao estado de alarma”.

E admite que “as circunstancias son tremendamente especiais pero conmemoraremos ao que foi mellor lingüista galego, durante moitos anos as entidades culturais e sociais traballaron por adicarlle as Letras Galegas”. Sobre as medidas de illamento, puntualiza o mandatario local que “debemos evitar a celebración multitudinaria que merece, aínda que sexa unha mágoa”. E avanza que máis adiante o concello aportará “a sinceira homenaxe que todos os veciños desexamos, os ferroláns deben quedarse tranquilos porque sexa como sexa o meu desexo é que quede unha pegada inesquecible en recordo de Carvalho Calero”.

Fillo predilecto da cidade, Carvalho Calero “é un orgullo para nós aínda que trascende moito máis alá de Ferrol, todos os expertos coinciden en que ademáis de ser considerado o pai da primeira normativa galega é tamén o noso mellor lingüista”. A súa homenaxe nas Letras Galegas chegaba despois do exhaustivo traba-
llo durante anos de inves-
tigadores da comarca co-
mo Bernardo Máiz, Xosé Manuel Pazos e Xosé María Dobarro.

CASA NATAL Unha das débedas históricas con Ricardo Carvalho Calero é a recuperación da súa casa natal, ubicada no barrio de Ferrol Vella. Foi adquirida polo concello, cando Vicente Irisarri era alcalde e Ángel Mato concelleiro de Urba-nismo. Agora o obxectivo do actual mandatario local pasa por “ter rehabilitada esa casa no presente mandato, cun espazo adicado ao recordo de Carvalho Calero”.

Mentras tanto, os escolares poden continuar profundizando na figura do homenaxeado a través da unidade didáctica creada a partir do conto infantil As Pitas baixo a Choiva.

de 1910 a 1990

··· Nacido en Ferrol en 1910 e finado en Santiago de Compostela en 1990, este escritor empezou a asinar as obras como Ricardo Carvalho Calero a partir de 1981. A homenaxe da RAG chegaba con motivo dos 110 anos do seu nacemento e os 30 do seu pasamento.

··· Segundo destaca a Real Academia Galega, “desenvolveu unha traxectoria vital fondamente vencellada á historia do galeguismo: na mocidade foi membro do Seminario de Estudos Galegos e colaborador da revista Nós, e participou na redacción do Estatuto de Autonomía de 1936”.

··· Loitou no bando republicano, primeiro como miliciano e despois como tenente. Recorda a RAG que “en 1939 foi detido e condenado a prisión, dous anos despois foi posto en liberdade, pero prohibíuselle ocupar cargos públicos”. Xa no exilio interior, traballou na recuperación do idioma. Membro da RAG, foi en 1972 o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas.

15 may 2020 / 21:47
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito