Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Festexa o ‘Land Rober’ esta Noiteboa cun espazo especial

Ana Peleteiro, Lito da Panorama, Víctor Fábregas e un famoso enmascarado son os convidados do programa de CTV na TVG

A tropa toda do Land Rober Tunai Show vivirá hoxe unha Noiteboa diferente coa visita de Ana Peleteiro, Lito da Panorama, Víctor Fábregas, un convidado enmascarado e moitas sorpresas máis.

E quen estará detrás da máscara? Os responsables do programa só adiantaron que é un cantante, pinchadiscos e que ultimamente ten algúns problemiñas coa herdanza aos que a tropa do Land Rober Tunai Show vai intentar poñer solución. Neste arranxo Ana Peleteiro e Eva Iglesias van ter moito que ver, poñeran todo da súa parte para atipar unha boa solución.

Nunha noite tan emblemática non pode faltar un discurso... tamén o equipo atopou a persoa ideal para dar o sermón de Noiteboa. Esta é outra das divertidas sorpresas que nos deparará esta noite o programa especial de Noiteboa do Land Rober Tunai Show .

Ademais coñeceremos a muller de Fernando Simón. Como será a esposa do médico máis famoso do ano? Esto é algo que descubriremos con moito humos ao longo deste espazo. Tamén chega a Mesías, que non vai ser outra que Ana Peleteiro que baixa dos ceos para librarnos da pandemia que estamos padecendo.

Por se fora pouco, non faltará o animado público e Víctor Fábregas e Lito da Panaroma andarán con tino para descubrir as habilidades dos galegos na sección Non cho creo. Moito humor e risas é o que nos vai ofrecer hoxe este especial a partir das 22.00 horas na Televisión de Galicia.

‘A REVISTA’. Aínda que na cea de Noiteboa e no xantar de Nadal haberá este ano menos cadeiras do habitual, isto non implica que as mesas non se poidan decorar e preparar con total esmero. Co obxectivo de coñecer todos os trucos para ter a mesa perfecta, o programa A Revista esta hoxe en directo na Coruña coa experta Camino Fernández, que concibe o mantel como un lenzo en branco.

O espazo da TVG presentado por Loli Gómez tamén estará en directo en Santiago de Compostela para ver como os galegos apuran as últimas compras para esta noite e para o día de Nadal.

Para tratar estes temas, A Revista’ contará coa presenza no estudio do doutor Manuel Viso e do showman Isi, que ademais achegará as novidades da prensa do corazón. Finalmente, coma cada xoves, Mercedes Nodar, mestra de Polo Rego, ofrecerá consellos para o coidado da horta.

‘QUEN ANDA AÍ?’. A tarde de Noiteboa é un serán familiar que pasarán no Quen Anda Aí? acompañando a familias galegas na preparación da cea. Como o pasa unha familia con 12 fillos? Como será pasalo este ano só?

O doutor Manuel Viso estará no programa para lembrar as normas anti COVID que converterán a reunión familiar en segura e Octavio Villazala non faltará coas suás animaladas. Desta volta, explicará que hai que facer para que as mascotas teñan un día tranquilo.

Presentadores e colaboradores cantarán panxoliñas e haberá sorpresas para as familias galegas que teñen que pasar este día separados. Ademais, ‘Quen Anda Aí? non esquecerá as ideas solidarias que estes días queren axudar a que todos poidamos celebrar o Nadal.

Que este Nadal vai ser diferente está claro, pero os prolegómenos non están sendo fáciles para decidir como afrontalo. Neste día de Noiteboa, Vivir Aquí escolle a Costa da Morte para revisar a pé de rúa como vive a xente este período.

24 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.