Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘Festina lente’ unha das coproducións de danza do novo curso da Xunta

Abre este venres na Sala Ártika de Vigo a temporada de estreas desta programación

Santiago. Festina lente, o novo espectáculo do Colectivo VACAburra, abre este venres na Sala Ártika de Vigo a temporada de estreas das seis pezas de danza coproducidas pola Xunta cunha achega de máis de 100.000 euros a través das convocatorias específicas do Centro Coreográfico Galego para os anos 2020 e 2021. De feito, ao longo deste último cuadrimestre tamén verán a luz Tres tristes tigres 2.0, a nova proposta da Cía. Kirenia Danza; Umbral, de Javier Martín; Credo, de Nova Galega de Danza; , da compañía Elahood, e Tabú, de Colectivo Glovo. Festina lente, que poderá verse na Sala Ártika desde hoxe ao domingo, ás 20,00 h., é a cuarta montaxe de VACAburra, proxecto en común das creadoras Andrea Quintana e Gena Baamonde. O colectivo debutou con O raro é que bailar sexa raro, á que seguiu metodoloxías carroñeras, e acaba de estrear, así mesmo, a peza de rúa Extravíos, xunto a Ukestra do Medio (grupo de Santiago), no marco do programa da Xunta Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio. Na súa nova achega, Andrea Quintana e Gena Baamonde asinan conxuntamente a dirección e a dramaturxia.

Ademais, a primeira delas encárgase da coreografía, da interpretación xunto a Clara Ferrão Diz. REDACCIÓN

02 sep 2021 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.