Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Finaliza en Lugo unha das maiores accións de restauración nun BIC

Os traballos que permitiron a recuperación da Igrexa de San Pedro contaron cun investimento superior ao millón de euros

A Xunta de Galicia culmina na Igrexa de San Pedro de lugo unha das maiores actuacións de restauración feitas nun ben de interese cultural (BIC).

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, xunto ao bispo da Diocese de Lugo, Alfonso Carrasco, visitou este domingo a igrexa do mosteiro de San Francisco de Lugo, a acutual Igrexa de San Pedro parar observar o resultado das obras de revitalización e conservación do patriminio.

Na presentación, Román Rodríguez, que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, celebrou que a actuación da Administración autonómica permita que un dos bens máis sobranceiros do patrimonio lucense “teña unha nova vida despois de máis de 700 anos da súa construción”. “Estamos ante unha das igrexas máis significativas de Galicia pola súa calidade arquitectónica e artística e, polo tanto, ante un ben de especial importancia tanto para Lugo como para toda a Comunidade”, engadiu. O acto contou ademais coa actuación musical do cantante Roi Casal.

Neste senso, o conselleiro destacou que a cidade da Muralla conta cun importante legado histórico e patrimonial “co que estamos fortemente comprometidos e no que debemos seguir actuando para garantir a súa mellor conservación”. Proba deste compromiso da Xunta son os máis de cinco millóns de euros investidos nos últimos anos nunha decena de bens ou as máis de 60 actuacións impulsadas polo Goberno galego na Muralla de Lugo desde que foi recoñecida como Patrimonio Mundial pola Unesco.

A meirande parte da intervención feita na igrexa de Lugo centrouse na eliminación das patoloxías existentes no ben e vencelladas coa filtración de auga na zona da cuberta, nos muros exteriores ou na cabeceira do templo. Ademais, o proxecto completouse coa restauración dos elementos decorativos máis singulares que caracterizan á igrexa como a portada histórica, o rosetón sur, a cornixa de molduras pétreas, o artesoado, os vanos góticos e contrafortes das capelas da cabeceira ou en elementos escultóricos como a cruz florenzada ou o Agnus Dei.

28 mar 2022 / 00:40
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.