Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Foro de ciberseguridade na Cidade da Cultura no vindeiro novembro

Promove este evento en Santiago, o nodo galego CIBER.gal coa axuda da Amtega

Santiago. Durante os días 10 e 11 de novembro celebrarase na Cidade da Cultura de Santiago o evento de ciberseguridad de referencia en Galicia. Se a situación o permite desenvolverase presencialmente, aínda que tamén será retransmitido por internet. Na sua posta en marcha traballa axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), entidade da Xunta que ten por directora da Amtega, Mar Pereira.

É un evento promovido e organizado polo nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal; unha iniciativa impulsada para contribuír ao seu obxectivo de favorecer unha contorna dixital segura e impulsar a industria de ciberseguridade galega.

O evento contará coa participación do Instituto Nacional de Ciberseguridade (IncibeE) e o Centro Criptológico Nacional (CCN). Ademais, contará coa presenza e participación das principais empresas do ecosistema de ciberseguridad da Comunidade, e con axentes clave dos sectores tecnolóxico, da investigación e o coñecemento.

O 10 de novembro contará con actividades destinadas ao tecido empresarial galego e á cidadanía, mentres que o último día reservarase para accións dirixidas á Administración Pública. detallado e os relatores cos que contaremos no evento. Está previsto desenvolver actividades como charlas divulgativas, paneis de debate, talleres prácticos e retos co fin de concienciar e informar da situación actual da ciberseguridade, o seu elevado nivel de importancia, os mecanismos existentes para o impulso do emprendimiento no sector . Proximamente, na web de CIBER.gal publicaranse as entidades participantes e o programa. eCg

08 ago 2021 / 00:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.