Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Forte aposta pola música emerxente na comunidade

COLABORACIÓN A Xunta e a Fundación Paideia Galiza renovan a estreita colaboración que veñen mantendo nos últimos anos a prol dunha maior profesionalización no ámbito da música emerxente na nosa comunidade.

Con tal fin, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e o vicepresidente da devandita fundación, Guillermo Vergara, asinaron este xoves un convenio de colaboración, en virtude do que o Goberno autonómico contribuirá economicamente á organización dun novo ciclo de xornadas para profesionais da industria musical, así como da edición de 2022 do concurso Sonidos Mans.

A volta in-perfecta. O retorno da música na nova era será o título das xornadas deste ano, que arrancarán proximamente en Pontevedra e se estenderán ata o mes de xuño a Ourense e Vigo.

Como en anteriores edicións, articularanse arredor de tres encontros con recoñecidos especialistas nos diferentes ámbitos de análise, para os que se contará, así mesmo, coas actuacións en acústico de diferentes bandas emerxentes galegas.

As xornadas están dirixidas tanto a artistas como ao resto de profesións vinculadas, como persoal técnico, managers ou programadores, co fin de afondar na capacitación e coñecemento sobre a evolución da industria musical a través do intercambio, a aprendizaxe, a reflexión e o debate. ecg

17 mar 2022 / 18:16
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.