Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 04 diciembre 2021
17:08
h

Freixanes reivindica a vitalidade da lingua galega: “Hai demanda social”

O recén reelixido presidente da RAG cre que agora toca “dignificala, vivila, coñecela e falala”

O presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor F. Freixanes, cre que a “batalla do prestixio da lingua galega está gañada” e agora o que toca é dignificala, vivila, coñecela e falala, pois “a súa vitalidade está aí” porque ademais “hai demanda social”.

“A lingua galega non pode limitarse a ser unha materia, ten que ser algo vivo e hai que traballar desde a política lingüística o audiovisual, as novas tecnoloxías, as redes e as plataformas, habería que poñer toda a carne no asador”, sostén Freixanes (Pontevedra, 1951), que acaba de ser reelixido presidente da RAG.

Neste mes no que se celebran as Letras Galegas de Xela Arias é precisamente a reivindicación do galego unha das súas prioridades á fronte da institución, na que se sinte apoiado e recoñecido para continuar este traballo: “Cando recibes a confianza dos compañeiros, para diante”.

CONTINUIDADE NA RAG

Freixanes comeza estes días o seu segundo mandato como presidente da RAG con satisfacción, porque interpreta a súa reelección como “un xesto de afecto e de recoñecemento dos compañeiros” que agradece e que lle serve de acicate para seguir o camiño iniciado hai catro anos.

De feito, a súa candidatura foi a única que se presentou a presidir a RAG, o que suxire o “resultado” de que os académicos estaban “moi maioritariamente de acordo co que viñamos facendo”.

Entre os retos a curto prazo está afondar na cuestión científica, sacar o dicionario castelán-galego “fundamental sobre todo para os medios de comunicación”, presentar a Gramática, un “desafío histórico” desde hai máis dun século, ou o desenvolvemento de estudos ao redor das novas tecnoloxías e mocidade coa lingua galega de fondo, un tema que lles preocupa, enumerou.

Un labor, o de presidir a Academia que, en definitiva, é “dinámico” como a realidade, “nunca acabas nada”, confesa este ávido lector de novela, historia e ensaio en francés, italiano, portugués e castelán, ademais de en galego. “Otero Pedrayo ten páxinas coas que che dan ganas de poñerte en pé e aplaudir”.

PREOCUPACIÓN POLO GALLEGO

“Preocupación” é o sentimento compartido na Academia pola política educativa sobre o galego. Aínda que subliña a súa vitalidade con exemplos como as 110.000 consultas diarias ao dicionario ou a abundante narrativa en concursos, esta semana a RAG presentou un estudo que conclúe que o 35 % do alumnado castelanfalante acaba a ESO cunha escasa competencia en galego.

É dicir, que só o “ chapurrean”, polo que Freixanes avisa de que a Lei de Normalización Lingüística non está a cumprir o seu obxectivo. “Non podemos aceptar que un neno que é galegofalante na súa casa volva da escola falando en castelán”, di.

O presidente da RAG, que defende unha política educativa “moito máis comprometida co uso da lingua” porque “hai moito relaxo, sobre todo no sector privado, en coñecemento e uso do galego”, reclama non limitar o seu uso á contorna familiar senón promovelo para “vivir os cambios e a modernidade”, investindo nunha política lingüística “máis activa” en novas tecnoloxías e redes.

“Temos que ser capaces de estar no século XXI”, porque ademais o galego “non é unha lingua local” nin tampouco “un capricho”, e si unha “riqueza social que hai que estimular”, en primeiro lugar “dignificándoa”. “É o noso patrimonio, incluído para quen non fala en galego”, resolve o exdirector da editorial Galaxia.

MAGNÍFICAS LETRAS GALEGAS

O ano de Xela Arias como homenaxeada nas Letras Galegas foi “magnífico” e tivo unha “resposta social impresionante”, tamén das novas xeracións con propostas de todo tipo, como musicais ou de videoxogos, coas que logrou conectar.

“É o que a Academia busca”, resumiu, porque o que trata é de “poñer encima da mesa a historia” de Galicia. Aínda que se podería pensar que o próximo protagonista das Letras Galegas quizá podería ser unha figura máis tradicional, máis histórica, a RAG pretende en todo caso ao escoller un nome que esa figura “dea pé para un universo novo que complementa os anteriores”.

Cada ano a Academia recibe non menos de 30 propostas, e este xa conta coa de Pontedeume (A Coruña) de Ramiro Fonte e mesmo de Arxentina, entre outras, que enriquezan a visión da lingua.

02 may 2021 / 10:39
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.