Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Gadis recolle nun libro a obra de poetas novos para celebrar o Día das Letras

Repartirá de balde nos supermercados trinta mil exemplares xunto con marcapáxinas

SANTIAGO. Supermercados Gadis quere levar a nova poesía galega aos fogares de Galicia. Un ano máis, apoia unha das datas máis relevantes da nosa comunidade, o Día das Letras Galegas, conmemorando a figura da escritora homenaxeada neste 2021, Xela Arias, e poñendo en valor a poetas emerxentes galegos a través dun libro que recolle textos de quince autores contemporáneos: 15 Voces da Nova Poesía Galega, coa mensaxe “Deixa que a poesía saia á rúa, intempestiva”.

Este sábado, ata fin de existencias, regalaranse 30.000 exemplares desta antoloxía poética seleccionada, editada e producida pola compañía, amosando así o seu compromiso coa literatura galega de onte e de hoxe. Tamén se repartirán 30.000 marcapáxinas que resaltan a figura de Xela Arias. Un recordo que cobra valor nun fragmento recollido en Poesía reunida (1982-2004).

Na web https://www.gadisletrasgalegas.gal/ poderá ser descargada a versión dixital da escolma, que reflicte a calidade e a variedade de autores literarios na nosa lingua, incluindo pezas de catro artistas plásticos e fotógrafos novos galegos. Tamén está activo un concurso ata final de mes con sorteo de libros e bolsas de tea da edición.

Con prólogo da filóloga e ensaísta Chus Nogueira, estas voces son: Andrea Nunes, Tamara Andrés, Lúa Mosquetera, Gonzalo Hermo, Samuel L. París, Ismael Ramos, quico, Helena Salgueiro, Xabier Xil Xardón, Rosalía Fernández Rial, Daniel Landesa, Celia Parra, Cristina V. Miranda, Pompa & Boato e Alba Cid, autores moitos consagrados na poesía galega actual, tanto pola crítica literaria como polo público, con miles de seguidores en redes sociais.

Gadis retoma unha das súas accións pioneiras neste eido: converter as bolsas da compra en vehículo cultural. A literatura entra nos fogares da man da cadea de supermercados que tamén escolleu unha peza da obra Poesía reunida. Distribuiranse 60.000 bolsas de papel reciclado.

O traballo de Gadis a prol da difusión da literatura galega leva vixente case 20 anos coa edición impresa de máis de 360.000 exemplares de obras literarias, dirixidas a diferentes públicos e de xéneros diversos co obxectivo de achegar á sociedade a máis ampla representación das letras galegas.

14 may 2021 / 18:13
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.